A volta a actividade aberta ao público do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) serve hoxe tamén para facer a conmemoración do trixésimo aniversario da Facultade de Belas Artes de Pontevedra co proxecto Cultivar incertezas. Reformular o espazo/conmocionar a mirada que abre esta etapa. Este proxecto comisariado por Ángel Cerviño conta coa participación de 30 artistas das diferentes promocións da facultade, incluíndo os que aínda se atopan finalizando a súa etapa formativa. Trátase de Erik Balbuena, Vicente Blanco, Teresa Búa, Mónica Cabo, Rosendo Cid, Salvador Cidrás, Marcos Covelo, Victoria Diehl, Manuel Eirís, Suso Fandiño, Almudena Fernández Fariña, David Fidalgo Omil, Basilisa Fiestras, Amaya González Reyes, Julia Huete, Marta Lorenzo, Rut Massó, Manuel Mata, Nano 4814, Álvaro Negro, Doa Ocampo, Kiko Pérez, Jorge Perianes, Mar Ramón, Rubén Ramos Balsa, Juan Rivas, Borja Santomé, Sandra Varela, Mar Vicente e Verónica Vicente.
Cultivar incertezas inclúe un intenso programa de actividades estruturado nun ciclo de mesas de debate, seminarios, conferencias e encontros con artistas. O espazo Aula Aberta, acondicionado nas salas do CGAC, e os espazos docentes da facultade en Pontevedra acollerán diversas clases, seminarios e presentacións dos grupos de investigación da propia universidade. A nova programación coa que o CGAC volve abrir as súas portas inclúe outras dúas futuras novidades e foi presentada polo secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo. A próxima semana, será a quenda a primeira mostra retrospectiva da compositora estadounidense Pauline Oliveros, pioneira da música electrónica, iniciativa que se desenvolverá en colaboración co C3A de Córdoba. E unha terceira exposición: Breaking the Monument, que reúne unha selección de obras de preto de 10 artistas de contextos moi diferentes comisariada por Santiago Olmo e Fernando Gómez de la Cuesta.
As galerías tamén se activan
Tamén en Santiago e tamén dentro do eido da arte contemporánea pero desta volta por iniciativa privada volve o movemento da arte aos espazos de exhibición. As galerías Trinta e Metro presentan desde hoxe un proxecto conxunto en colaboración. Unha exposición dupla en ambos espazos arredor de Archimétrica, Historia de un continuo renacer, do artista manchego José Luis Serzo, onde se reúnen e presentan os materiais que o artista tivo que producir para a realización da súa curtametraxe homónima, premiada nalgúns festivais internacionais.