Ti estás aquí > Inicio / Xéneros / Folk
Música Folk
O folk que nunca chegou ás tendas
Xénero:
| 19 / 5 / 2010Coincidindo co Día das Letras Galegas, o web A Voz de Vilalba presentou dous temas inéditos dun emblemático grupo renovador do folk nos 80: Xorima, creador dun estilo de facer música de raíz que seguirían despois grupos como Berrogüetto. "De Xolda / Entre o millo" mestura dúas cancións, e foi composto por Ferreirós e Anxo Pintos. O outro tema, "Sicodélica", é de base tradicional con arranxos do grupo. Os temas foron gravados e interpretados en directo en 1988 e ían ser parte do segundo disco de Xorima. Nunca chegou a saír.
Ernesto Campos estrea Concerto de Chapela, a primeira obra de folk sinfónico
Xénero:
| 29 / 4 / 2010O Pazo da Cultura de Pontevedra acolle esta noite a estrea de Concerto de Chapela, a primeira obra galega de folk sinfónico. A Banda Municipal de Música e mais o grupo Crema de gaita interpretan a obra de Ernesto Campos, inspirada na localidade viguesa do mesmo nome e que reúne no escenario corenta e oito músicos. Canda a esta peza, no mesmo concerto estrearase a peza para gaita e orquestra Luces do Atlántico do mesmo compositor. A cita é ás nove da noite e entrada é de balde.
Os gaiteiros denuncian o tratamento da música tradicional nos medios públicos
Xénero:
| 28 / 4 / 2010O cambio de horario de emisión na de Alalá na TVG (os xoves ás 23:00 horas) e que Lume na palleira xa só se emite na Radio Galega Música (20.000 oíntes potenciais fronte os máis de 120.000 da Radio galega convencional) son algúns dos feitos que motivaron o último comunicado da Asociación de Gaiteiros Tradicionais. Nel denuncian que diminúen os tempos e se reduce a súa presenza para a música tradicional nos medios de comunicación públicos, ao tempo que insta a recuperar espazos e promover este xénero. Ademais, esta entidade anunciou que remitirá esta demanda aos tres grupos con representación no Parlamento.
O Festival de Ortigueira presenta unha programación anovada
Xénero:
| 28 / 4 / 2010Un 70% dos grupos que actuarán no XXVI Festival do Mundo Celta de Ortigueira acudirán por vez primeira a esta cita. Alberto Balboa, coordinador deste evento, aseguraba onte que esta edición renova o formato do evento e "sentará as bases do Festival do futuro". Entre o 8 e o 11 de xullo visitarán esta vila formacións como Oysterband, Celtas Cortos, Gaelic Storm, Krêposuk, Shooglenifty ou Afterhours. Pola banda galega agárdase a presenza Cristina Pato, Marful e Anxo Lorenzo band, así como dos grupos que participen no Concurso Runas para novos valores. O evento, organizado polo Concello de Ortigueira co apoio do Xacobeo, Estrella Galicia e a Deputación da Coruña, agarda convocar máis de 100.000 persoas.
Ophiusa presenta cun concerto na FNAC o seu segundo disco
Xénero:
| 14 / 4 / 2010O vindeiro 16 de abril a FNAC da Coruña acolle a presentación de Sen planeta, segundo traballo do grupo Ophiusa. Segundo anuncian no seu MySpace o conxunto evolúe "cara á parte máis eléctrica e ecléctica dentro do seu propio son". Todas as pezas inclúidas no disco, autoproducido pola banda, son da autoría dos membros do grupo, e nas mesmas atópanse colaboracións coma as de Bieito Romero, de Luar na Lubre, Óscar Fernández de bOnOvO ou Benxamín Otero, de Linho do Cuco. A gravación realizouse nos estudios Pink, do propio grupo. Despois da presentación, o vindeiro 27 de abril o grupo visita o Salón Teatro de Compostela no marco do ciclo ST Música Presente
A Orquestra Folk Sondeseu presenta o seu terceiro traballo discográfico
Xénero:
| 13 / 4 / 2010Composto por once temas, Barlovento (Do Fol, 2010) recolle o mundo da construción e o uso renovado das embarcacións tradicionais como metáfora da viaxe das melodías tradicionais a un mar sonoro salferido de contemporaneidade. A carón da enerxía que caracteriza a interpretación dos 40 músicos que compoñen SondeSeu, neste disco atopamos as colaboracións de Rosa Cedrón, Rodrigo Romaní, Xaquín Xesteira, Javier Feijoo (Chisco), e Xosé Liz. Conta con oito creacións de Rodrigo Romaní, dúas de Anxo Pintos e unha de Xaquín Xesteira, baseadas na música de tradición oral galega. O disco foi gravado no auditorio do Conservatorio Superior de Música de Vigo co obxecto de captar o ambiente e a enerxía que caracterizan os concertos de SondeSeu. A partires da publicación de Barlovento, SondeSeu comezará a xira de concertos para 2010 que se iniciará en Madrid o vindeiro 1º de maio no Teatro Circo Price dentro do Ciclo Cantigas do Camiño - Xacobeo Raíces. Na actualidade, en colaboración co Concello de Vigo, SondeSeu lidera o proxecto ENFO (European Network of Folk Orchestras) no que se está a impulsar a creación de novas orquestras por toda Europa para consolidar unha rede estable de participación e intercambio.
Berrogüetto busca o cosmos
Xénero: AUDIO
| 7 / 4 / 2010 +A incorporación de Xabier Díaz como voz solista. Unha maior presenza de temas tradicionais. Colaboracións escritas de Manuel Rivas e Rosa Aneiros. Unha videocreación de Olaia Sendón. Todos estes elementos fan parte de Kosmogonías, o último traballo de Berrogüetto, que se presentaba publicamente onte no CGAC. Quim Farinha, un dos membros do grupo, explícanos as novidades dun disco que se centra nas relacións do ser humano co seu contorno. Os interesados en coñecer a obra, ademais de Internet, teñen a primeira cita o vindeiro 9 de abril no Pazo da Cultura de Pontevedra, onde o grupo dará un concerto de presentación.
Linho do Cuco presenta nun concerto o seu novo álbum
Xénero:
| 18 / 3 / 2010Aínda que é o seu segundo traballo, Linho do Cuco decidiu chamarlle III ao seu novo disco. A obra achega unha selección de temas tradicionais pasados pola peneira da banda, cun estilo bailable e festeiro. A gravación do proxecto comezou o pasado 5 decembro, e inclúe instrumentos como o acordeón diatónico ou a zanfona. O Salón Teatro de Compostela acolle esta noite, dentro do ciclo ST Música Presente, un concerto que servirá para que a banda dea a coñecer os temas incluídos neste traballo.
Vigo será a sede da Rede Europea de Orquestras Folk
Xénero:
| 9 / 3 / 2010A escola de música tradicional E-Trad de Vigo será a base permanente da Rede Europea de Orquestras Folk. Este proxecto, do que fai parte esta entidade coa Orquestra Sondeseu e mais a orquestra homónima, pretende potenciar este tipo de formacións e desenvolver un circuíto estable de actuacións. Organismo como a Academia Sibeliys de Helsinki e mais a asociación Artemotiva de Turín anunciaron xa a súa intención de tomar com modelo a orquestra viguesa para desenvolver formacións semellantes. Para o vindeiro ano, Vigo acollerá o primeiro encontro da rede.
Martirio, Carmen Paris ou Berrogüetto participan no Música con Raíces da Coruña
Xénero:
| 4 / 3 / 2010As voces de Mercedes Peón, Uxía e Guadi Gallego entre outras cantantes do país, abren o vindeiro domingo do ciclo Música con Raíces no teatro Rosalía de Castro da Coruña. O espectáculo Sereas, unha homenaxe ás pioneiras da música galega inicia un programa que contará con nomes tan destacados como Carmen Paris (o vindeiro día 25), Martirio, Luar na Lubre, Simphine Dana, Berrogüetto e mais Carlos Núñez.
REPORTAXE
Aprender das cantigas
Data.Antón Castro aproveita a nosa música tradicional para ensinar solfexo aos seus alumnos