Ti estás aquí > Inicio / Xéneros / Folk
Música Folk
Brasil é o país convidado no VI Encontro de Pandeiros de Mao
Xénero:
| 9 / 11 / 2009A Central Folque e mais o Concello de Pontevedra teñen aberto o prazo de inscrición para a VI Edición do DUF Encontro Internacional de Pandeiros de Mao. O evento, que ten este ano o Brasil como país convidado, inclúe cursos de construción e interpretación destes instrumentos, conferencias, actividades para nenos e actuacións musicais. Entre outros, está prevista a presenza de Carlos Núñez, que falará sobre a súa experiencia brasileira, o intérprete brasileiro Marcos Suzano e conxuntos coma Bloquinho da Salgueira.
Pablo Devigo faise co premio Constantino Bellón
Xénero:
| 9 / 11 / 2009Por segundo ano consecutivo, o intéprete Pablo de Vigo, de Castro Caldelas, fíxose co premio Constantino Bellón de Gaita, que celebrou esta fin de semana a súa XIX Edición. Devigo presentou as obras Preludio número un ou Xiana e Xota número dous ou Carral 1846. Canda a el, Miguel Doval González foi galardoado coa Gaita de Ouro polo seu traballo a prol da música tradicional, mentres o premio de composición para gaita levouno Jesús Rodil Rodríguez.
Lugo acolle o IV Congreso de Ensinantes de Música Tradicional
Xénero:
| 21 / 10 / 2009A fin de semana entre o 30 de outubro e o 1 de novembro, a Facultade de Veterinaria de Lugo acollerá o IV Congreso de Ensinantes de Música Tradicional. No encontro, ademais das comunicacións dos participantes haberá conferencias sobre cuestións coma o Proxecto Ronsel, o patrimonio lúdico, a introdución dos máis novos no baile tradicional ou mesmo concertos didácticos. Segundo explica a Asociación de Gaiteiros Galegos, que organiza o encontro, o congreso "pretende ofrecer aos asistentes coñecementos e recursos para o ensino da música tradicional nos diferentes ámbitos educativos, pero sobre todo, pretende concienciar da importancia que ten utilizalos". O prazo de inscrición está aberto no web da AS-PG ata o vindeiro día 23.
Os soños de Fuxan
Xénero:
| 14 / 10 / 2009Un ano despois dos dous concertos que reuniron o grupo en Compostela, Fuxan os ventos tiran un novo disco. Terra de Soños recupera en formato Digibook (CD+DVD)os temas que soaron na capital galega. Mentres o CD achega vinte cancións, o DVD recolle, canda a un making of, a totalidade do directo, coa participación de convidados coma Guadi Galego, Ugia, Xavier Díaz ou Mercedes Peón. O proxecto, editado por BOA Music, está xa dispoñible en tendas de todo o Estado, quioscos e Internet. Os membros do grupo sinalaban que continuarán con esta xira cando menos ata 2010, e non descartan emprender novos proxectos no futuro.
Vigo celebra o XII Certame de Improvisación Oral
Xénero:
| 9 / 10 / 2009O Centro Cultural de Valadares organiza para esta fin de semana, entre o 10 e o 12 de outubro, a XII edición do seu Certame Internacional de Regueifas. O Verbum, Casa das Palabra acollerá actuacións de regueifeiros galegos, repentistas cubanos ou novos improvisadores, así coma de cantantes que empregan a retranca nas súas letras.
A Real Banda de Gaitas de Ourense viaxará por China difundindo a súa música
Xénero:
| 6 / 8 / 2009Caixanova e a Real Banda Escola Provincial de Gaitas de Ourense veñen de subscribir un convenio de colaboración que permitirá á agrupación ourensá difundir o coñecemento da gaita, como instrumento destacado do folclore galego, nunha serie de concertos que ten previsto realizar por diversas cidades de China. Na sinatura do convenio estiveron presentes o director da banda, Xosé Lois Foxo, e Amadeo Rodríguez Piñeiro, director de Relacións Institucionais de Caixanova en Ourense.
REPORTAXE
Aprender das cantigas
Data.Antón Castro aproveita a nosa música tradicional para ensinar solfexo aos seus alumnos