Ti estás aquí > Inicio / Xéneros / Folk
Música Folk
O debú en solitario de Guadi Galego gaña os IX Premios Opinión de música folk
Xénero: AUDIO
| 1 / 3 / 2010 +Gañouno co grupo Berrogüetto, o trío Nordestin@s, o dúo Espido e agora coa súa nova aposta en solitario. O traballo Benzón de Guadi Galego acaba de gañar o IX Premio Opinión. A artista obtivo na votación do xurado 18 puntos, cos que se impuxo a Cuarteto Caramuxo e a Nova Galega de Danza, que conseguiron un empate (11 puntos). O premio do xurado, formado por críticos musicais, é puramente honorífico, xa que non ten dotación económica.
Luar na Lubre e Carlos Bau son os únicos galegos nos XIV Premios da Música
Xénero:
| 17 / 2 / 2010Só dúas das 28 categorías dos Premios da Música 2010 teñen nome galego. O álbum Ao vivo de Luar na Lubre fíxose co galardón ao mellor disco de música tradicional. Pola súa banda, Nada de Carlos Bau, impúxose aos outros candidatos como mellor canción en galego. A Academia das Artes e das Ciencias da Música facía pública esta mañá a lista de gañadores, mentres a gala de entrega celebrarase o vindeiro 4 de marzo no Teatro Häagen-Dazs Calderón de Madrid.
O reino da gaita
Xénero:
| 10 / 2 / 2010O mundo dos instrumentos tradicionais non é monolítico. Nel conviven desde clásicos instroducidos en pleno século XIX ata restos do paleolítico. Pablo Carpintero presentaba recentemente Os instrumentos musicais na tradición galega, unha obra que cataloga e analiza tanto os aparellos cos que se facía música e ruído como mesmo a propia idea de música da sociedade tradicional.
Preséntase o CD e DVD do espectáculo Ovay de Quique Peón Cia.
Xénero: VIDEO + AUDIO
| 17 / 12 / 2009 +O espectáculo de danza en solitario que a acompañía de Quique Peón estreou este verán , Ovay, preséntase de novo agora no seu formato de “levar para casa”. O só de danza galega sae publicado por Falcatruada nun elegante formato DVD-book, acompañado cun CD con dez temas que conforman a banda sonora do espectáculo con música de Xose Lois Romero e Suso Vaamonde. Baile, canto, teatro, música ao vivo e sen pausa, durante 50 intensos minutos gravados ao vivo no Teatro Rosalía Castro da Coruña, e que sae agora publicado por Falcatruada. Ocay quere amosar a forma de expresión masculina e feminina empregando un amplísimo abano de movementos tradicionais galegos que evolucionan ata chegar aos nosos días. Para isto mestúranse as frases tradicionais no marco da danza contemporánea, tentando non perder o esencial, o cerne do noso espírito, a nosa expresividade e sentimentalidade. A obra vai máis aló do virtuosismo do bailarín: amósanos o seu interior, fusionando os instrumentos, o canto e o teatro co mesmo baile, e tentando que o espectador recoñeza e redescubra, a un tempo, o seu. En verbas de Quique Peón “Ovay é unha viaxe ao interior de min mesmo no que se percorren os catro puntos cardiais da ialma”.
Djunta mô
Xénero:
| 16 / 12 / 2009Chegaron desde Cabo Verde a Burela nos anos setenta seguindo aos seus maridos mariñeiros. Pero iso non lles fixo, nin de lonxe, esquecer a súa cultura, senón todo o contrario porque moitas das doce mulleres que compoñen Batuko Tabanka, aprenderon aquí algunhas das súas cancións tradicionais. Agora, da man de Pai Música e Abada Xestion Cultural recuperan os ritmos e sons da súa historia cun documental e cun disco.
O VI Día do Orgullo Gaiteiro enche de música Ourense
Xénero:
| 11 / 12 / 2009O Día do Orgullo Gaiteiro volta a Ourense na súa sexta edición, que se celebra hoxe e mais mañá. Desta volta, o evento homenaxeará o gaiteiro Faustino Luís Seoane, canda a Dorothé Schubarth e Antón Santamarina, compiladores do cancioneiro tradicional galego. Schubarth e Santamarina impartirán unha conferencia sobre o seu traballo co noso legado musical. Un acto de homenaxe, actuacións musicais e unha cea completan o programa desta xeira.
Vetiver abre a programación do Xacobeo Importa
Xénero:
| 2 / 12 / 2009O Pazo da Cultura de Pontevedra acolle esta noite a actuación da banda folk Vetiver, que abre deste xeito o festival Xacobeo Importa. O grupo, que actuará acompañado de Fruit Bats, está considerado como un dos máis importantes do panorama indie folk internacional. Segundo explica a Consellaría de Cultura, o festival programará ata o final de 2010 dez concertos de artistas do circuíto independente que nunca visitaron Galicia. Entre estes, está prevista presenza de Joan Baez no Centro Cultural Caixanova de Vigo o vindeiro 5 de marzo.
Musgafol reivindica a música académica para gaita
Xénero: AUDIO
| 2 / 12 / 2009 +O Teatro Principal de Pontevedra acolleo vindeiro 12 de decembro a segunda edición de Musgafol, o encontro de música académica galega para gaita de fol. A iniciativa reúne diferentes gaiteiros do país, coma Pedro Álvarez, Óscar Ibáñez ou Pedro Lamas, coa Banda de Música de Pontevedra para nunha edición dedicada ao repertorio para banda sinfónica e gaita. O proxecto dábase a coñecer onte en Pontevedra, onde tamén se presentou o disco en directo que recolle as pezas que se interpretaron na edición do pasado ano.
Cantándolle ás estrelas
Xénero:
| 26 / 11 / 2009Este é o Ano Internacional da Astronomía. Unha efeméride que o Consello Superior de Investigacións Científicas en Galicia (CSIC) e a Universidade de Vigo, xunto con outras entidades, non quixeron que pasara desapercibido entre os máis pequenos. Nesa obxectivo, acaban de presentar o proxecto doble Contos e coplas de estrelas. Dunha banda, a tradución ao galego do libro de Rosa María Ros que complia 14 contos de todo o mundo nos que as estrelas son as protagonistas (cada relato acompáñase dunha sinxela explicación científica). Da outar, un Coplas de Estrelas, un CD que recolle 10 coplas tradicionais galegas que fan referencia aos astros, as estrelas e o cosmos. Este último traballo inclúe un libreto coas letras das coplas e explicacións científicas sobre os temas das cancións.
aCentral Folque analizará o patrimonio musical de Vilaxoán
Xénero:
| 12 / 11 / 2009Aproveitar a cultura local, e máis concretamente, o patrimonio musical, de cara ao desenvolvemento local. Este é un dos obxectivos do estudo que está a facer un equipo de aCentral Folque en Vilaxoán. O historiador Ramom Pinheiro e o antropólogo Marcos Lorenzo son os responsables dun proxecto que está en marcha desde setembro e que pretende realizar un inventario completo encol da música e da cultura mariñeira desta vila arousá.
REPORTAXE
Aprender das cantigas
Data.Antón Castro aproveita a nosa música tradicional para ensinar solfexo aos seus alumnos