Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / O VI Día do Orgullo Gaiteiro enche de música Ourense

A EDICIóN DEDíCASELLE A FAUSTINO LUíS SEOANE, DOROTHé SCHUBARTH E ANTóN SANTAMARINA

O VI Día do Orgullo Gaiteiro enche de música Ourense

FOLK | decembro 11, 2009

imaxe non dispoñible

O Día do Orgullo Gaiteiro volta a Ourense na súa sexta edición, que se celebra hoxe e mais mañá. Desta volta, o evento homenaxeará o gaiteiro Faustino Luís Seoane, canda a Dorothé Schubarth e Antón Santamarina, compiladores do cancioneiro tradicional galego. Schubarth e Santamarina impartirán unha conferencia sobre o seu traballo co noso legado musical. Un acto de homenaxe, actuacións musicais e unha cea completan o programa desta xeira.