Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / Djunta mô

UN DOCUMENTAL E UN DISCO ACHéGANSE á CULTURA CABOVERDIANA A TRAVéS DA MúSICA

Djunta mô

FOLK | decembro 16, 2009

not_15977.jpg

Chegaron desde Cabo Verde a Burela nos anos setenta seguindo aos seus maridos mariñeiros. Pero iso non lles fixo, nin de lonxe, esquecer a súa cultura, senón todo o contrario porque moitas das doce mulleres que compoñen Batuko Tabanka, aprenderon aquí algunhas das súas cancións tradicionais. Agora, da man de Pai Música e Abada Xestion Cultural recuperan os ritmos e sons da súa historia cun documental e cun disco.

As Batuko Tabanka son doce mulleres (Antonina de Cangas, Antonina de San Cibrao, Ivone, Fafá, Beba, Isabel, Dezidéria, Ilda, Mariazinha, Chuca, Belita e Santiña) que decidiron dignificar a cultura cabo-verdiana, lembrar a súa procedencia africana en todos os seus expoñentes culturais nos que a música desenvolveu un papel fundamental.

“Cando chegamos aquí démonos conta de que había cancións que se parecían moito ás nosas” afirma Antonina de Cangas, unha das integrantes desta formación. “Caboverde aínda que está moi lonxe ten un fío coa música galega, ten algo de conexión que se nota nas nosas xotas ou mesmo nas cancións que cantan as pandereteiras galegas” apunta Xusto Molejón, productor executivo deste traballo. E o que comezou sendo un interese por lembrar unha cultura, acabou por ir tomando corpo e converterse nun libro cd-dvd con moitas colaboracións (inclúe 12 temas musicais,o concerto que a formación deu en Cabo Verde, video clips, unha reportaxe de cómo se fixo este traballo, as letras traducidas a tres idiomas e fotografías de Cabo Verde feitas por Xulio Villarino).

Do documento ao disco: Djunta Mô
Xusto Molejón explica que “comezou tendo unha orixe documental para recoller in situ a música caboverdiana, a música de elas tocando e facer un percorrido pola música de alá”. Anotnina lembra esta viaxe que tivo lugar durante unha semana de abril de 2000 que “pretendía gravar un documental sobre Caboverde e sobre a nosa vida que se chamaba Home ó mar e muller á terra”. Pero a medida que se ía gravando o documental apareceu un novo protagonista, a música, que foi cobrando cada vez máis peso. Foi “nesa viaxe cando descobren a músicos consagrados que se van sumando ao proxecto, na que se vai grabando da música que fan” explica Molejón. Pero non só dos músicos caboverdianos (Tcheka, Vitori Nha Vivinha, Ntoni Denti, Nácia Gomes, entre moitos outros) senón tamén galegos, portugueses (Augusto Canario) e brasileiros (Sergio Tannus). O disco conta cunha gran colaboración de artistas galegos como Budiño, Uxía, Mercedes Peón, Rodrigo Romaní, Xosé Liz, Fernando Abreu, Treixadura…… É por iso que o traballo resultante se chama Djunta Mô, unha expresión crioula que significa “botar unha man” ou “axudar entre todos”. Un título que evidencia o carácter colaborativo deste traballo.

Cando lle preguntamos a Antonina qué estilos de música inclúe este traballo, non dubida en explicar que que son doce temas moi variados. “Hai desde o funaná, que é o baile de bailar agarrado ata o batuko, que é un estilo só de mulleres” apunta para, deseguido, explicar que o batuko foi unha danza reivindicativa das mulleres que comezaron batendo no seu propio peito como símbolo de protesta e que, co paso do tempo, foise trasladando a unha sca de coiro colocaad entre as pernas (que é a que recibe o nome de batuko).

Unha proposta musical que pretende evidenciar os vínculos culturais entre Galicia e Cabo Verde con moito ritmo que xa está a venda (nas tendas físicas e nas de internet).

VIDEO
Djunta MÔ
datos do disco
Ligazóns