Ti estás aquí > Inicio / Xéneros / Folk
Música Folk
O Museo do Pobo leva 586 cantos ao Teatro Colón
Xénero:
| 15 / 11 / 2024O Teatro Colón da Coruña acolle este sábado 16 de novembro o espectáculo 586 cantos. Esta proposta, producida polo Museo do Pobo Galego a través da Mostra Internacional de Cinema Etnográfico, combina audiovisual e música quere "pór en valor a tradición e sabedoría que nos legaron as portadoras e transmisoras da nosa poesía popular oral, futuras homenaxeadas nas Letras Galegas 2025, así como os arquivos que albergan o patrimonio inmaterial galego".
Zona da Zanfona celebra a súa vixésima edición en Arzúa
Xénero:
| 14 / 11 / 2024Logo de desaparecer da axenda de Rianxo no último verán, o encontro Zona da Zanfona trasládase a Arzúa para celebrar a súa vixésima edición. O festival dedicado ao instrumento de corda continúa a súa andaina organizado por aCentral Folque co apoio do Concello e o patrocinio da Deputación da Coruña.
O mundo da gaita reúnese en Poio
Xénero:
| 23 / 10 / 2024Este vindeiro domingo, 27 de outubro, o mundo da gaita galega ten unha cita imprescindible en Poio. O Pazo de Besada da localidade pontevedresa acolle a que será a quinta edición de O Son da Gaita, un encontro ao redor deste instrumento tradicional que reúne solistas, formacións, artesáns e investigadores. A Asociación Cultural Pai da Cana organiza este evento polo que ao longo da mañá pasarán tres agrupacións (Ventureira, Picuiña, @s Folieir@s) e cinco solistas (Pedro Lamas, Pablo Carpintero, José Manuel Mojy, Sabela Olivares e Ivan Costa) de toda Galicia e acollerá tres presentacións, incluíndo un obradoiro de instrumentos a cargo de Oli Xiráldez. A xornada terminará cun xantar foliada. A asistencia (agás o xantar) é de balde con reserva previa.
A Coral De Ruada leva o Premio Otero Pedrayo
Xénero:
| 15 / 10 / 2024A histórica Coral de Ruada foi recoñecida este 14 de outubro co Premio Otero Pedrayo, que outorgan a Xunta e as catro deputacións provinciais. O xurado do galardón outorgoulle o premio a esta agrupación "pola súa traxectoria de máis dun século levando a música tradicional galega a grandes festivais nacionais e internacionais e tamén polo seu labor na promoción de actividades de formación de teatro e da escola de música".
A AELG recoñece a Camiño Noia e Quique Peón como mestra e mestre da memoria
Xénero:
| 14 / 10 / 2024A catedrática de Literatura Galega na Universidade de Vigo Camiño Noia Campos e mais o folclorista, coreógrafo e investigador Henrique Peón Mosteiro (Quique Peón) acaban de ser recoñecidos cos premios Mestre e Mestra da Memoria pola Sección de Literatura de Tradición Oral da Asociación de Escritoras/es en Lingua Galega (AELG).
Falece a cantareira Xosefa de Bastavales aos 92 anos
Xénero:
| 2 / 10 / 2024Josefa Juncal Barreiro naceu en Tordoia en 1932 e morreu hoxe en Bastavales (Brión) aos 92 anos. A súa parroquia de adopción converteuse nun momento dado no seu apelativo máis coñecido como cantareira e pandereteira cando grazas a unha relación xurdida de xeito casual con Manu Chao comezou a colaborar co artista galego-francés ata o punto de acompañalo en concertos por Francia e Barcelona cano ela xa tiña máis de 70 anos. Múltiples foron as súas aparicións en programa da TVG, dedicándolle incluso un monográfico do Alalá. A súa casa en Brión foi lugar de reunión de músicos galegos que ían inspirarse nela, auténtica posuidora dun don para a música na que foi autodidacta, e como representante dunha tradición de cantareiras e pandereteiras.
O IV Celme da Zanfona reivindica en Lugo o legado dos cegos cantores
Xénero:
| 13 / 9 / 2024O Centro de Artesanía e Deseño, en Lugo, acolle ata o vindeiro 15 de setembro a cuarta xeira de Celme da Zanfona. Este ciclo dedicado ao instrumento tradicional de corda céntrase nesta ocasión no legado dos cegos cantores, aos que a organización cualifica como "portadores da esencia das músicas de tradición oral desde a Idade Media". A Vicepresidencia da Deputación Provincial corre coa organización deste encontro anual.
Nace a Asociación Galega de Tocadoras Somos Pandeireteiras
Xénero:
| 9 / 7 / 2024Co obxectivo de "cubrir o baleiro asociativo, e polo tanto político" que sofren as intérpretes de percusión tradicional galega, este 8 de xullo presentábase nas redes sociais a Asociación Galega de Tocadoras Somos Pandeireteiras.
Medalla Castelao para as pandeireteiras Leilía
Xénero:
| 18 / 6 / 2024O Consello da Xunta aprobou onte a concesión das Medallas Castelao da comunidade deste ano. Entre os cinco nomes que recibirán esta distinción está o da formación Leilía, que o pasado ano anunciou o fín da súa actividade artística tras 34 anos sobre os escenarios. No anuncio, o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, destacou a característica de "pioneiras" do conxunto de pandeireteiras na promoción do folclore galego e o feito de que "abriron camiño a moitos que artistas e agrupacións que viñeron detrás". A Medalla Castelao é unha condecoración de carácter civil outorgada pola Xunta de Galicia ás personalidades e institucións que destacan polo seu traballo no eido artístico, literario, deportivo, económico ou intelectual. A gala de entrega celebrarase o vindeiro 28 de xuño, coincidindo co aniversario da aprobación do plebiscito do primeiro Estatuto de Autonomía de Galicia e do regreso a Galicia dos restos mortais de Castelao. Xunto a Leilía imporáselles outras medallas a o deportista Borja Golán, o empresario Amancio López Seijas, a activista Maite Isla e a Asociación de Médicos Galegos (Asomega). A formación musical conformada por Ana Rodríguez, Rosario Rodríguez, Montse Rivera, Felisa Segade, Patricia Segade e Mercedes Rodríguez recibiu o pasado ano o Premio Opinión Andaina Senlleira á súa traxectoria de 34 anos e cinco discos.
Unha homenaxe o 12 de xuño lembrará a Dorothé Schubarth
Xénero:
| 5 / 6 / 2024O Museo do Pobo acollía na mañá deste 5 de xuño a presentación do acto de homenaxe que esta entidade, canda ao Consello da Cultura e o Instituto da Lingua Galega, lle van tributar a Dorothé Schubarth. A actividade, que "pretende ser un convite á festa e ao baile" será aberta a toda a cidadanía e pretende recoñecer "o papel central que a musicóloga e compositora suíza representou para a música tradicional galega", segundo explican as entidades convocantes, un traballo que a presidenta do Consello da Cultura, Rosario Álvarez, cualificou como "titánico e xeneroso".
REPORTAXE
Aprender das cantigas
Data.Antón Castro aproveita a nosa música tradicional para ensinar solfexo aos seus alumnos