Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Nace a Asociación Galega de Tocadoras Somos Pandeireteiras

A INICIATIVA PRETENDE "CUBRIR O BALEIRO ASOCIATIVO, E POLO TANTO POLíTICO" EXISTENTE NO COLECTIVO

Nace a Asociación Galega de Tocadoras Somos Pandeireteiras

FOLK | xullo 9, 2024

imaxe non dispoñible

Co obxectivo de "cubrir o baleiro asociativo, e polo tanto político" que sofren as intérpretes de percusión tradicional galega, este 8 de xullo presentábase nas redes sociais a Asociación Galega de Tocadoras Somos Pandeireteiras.

A iniciativa xorde a partir do proxecto Somos Pandeireteiras, que en 2021 desenvolveu en Carballo unhas xornadas pioneiras de reflexión e divulgación sobre este colectivo, e mantén o web e as redes sociais desta iniciativa.

Con Gisela Sanmartín como presidenta e Mercedes Peón na vicepresidencia, a nova entidade conta tamén con Ana Fernández como secretaria e con Mar Suárez a ocuparse a tesouraría.

Segundo apuntaba Ana Fernández en Facebook, "un dos obxectivos da asociación é crear narrativas conxuntas onde poidamos compartir a nosas experiencias, inquedanzas e aprendizaxes, así como posibles futuros da tocadoras galegas, poñendo sempre no centro o respecto polas tocadoras neste contexto patriarcal con valores totalmente alleos á creación colectiva".