Ti estás aquí > Inicio / Xéneros / Folk
Música Folk
Fía na roca despídese cun concerto en Glasgow
Xénero:
| 21 / 10 / 2010Un concerto no festival Celtic Connections, en Glasgow, o vindeiro mes de xaneiro, porá fin á carreira musical do grupo Fía na Roca. Logo de 17 anos de traballo, os membros do conxunto anunciaron nun comunicado que, aínda que non desbotan a posibilidade de retornar no futuro, "agora precisamos un descanso para refrescar as ideas e atender outras iniciativas".
Mercedes Peón e Cristina Pato tocarán no WOMEX
Xénero:
| 15 / 10 / 2010Vaise coñecendo a representación galega que acudirá ao coñecido festival musical WOMEX, en Dinamarca. Hai uns días facíase público que a organización do encontro seleccionar a galega Mercedes Peón para actuar na sección principal do mesmo o vindeiro 28 de outubro. Canda a ela, Cristina Pato participará no concerto que a marca Sounds from Spain desenvolve o día 29 no escenario offWOMEX. Canda a elas, entre o 27 e o 31 unha delegación da Axencia Galega das Industrias Culturais participará no evento dentro do posto de Sounds from Spain e confirmaron tamén a súa presenza os selos Maré, Zouma, Nordesía e Fol, asi como Budiño e a promotora Articket. Os asistentes ao encontro poderán coñecer a música galega a través dun duplo CD que amosa unha selección de grupos de xéneros como o pop-rock, o jazz e a música tradicional e folk.
Noitarega presenta o seu novo disco XXI
Xénero:
| 17 / 9 / 2010Para conmemorar os seus 21 anos de existencia desde o 1989 até o presente a agrupación Noitarega ven de sacar o seu terceiro disco XXI (Autoedición). O disco propón vinte temas e foi gravado nos Estudios Muu de Vigo baixo a produción de Pedro Feijoó e do mesmo grupo que, fiel ao seu estilo, nos amosa a clara evolución da banda e que conta coas colaboracións de Anxo Pintos (Berrogüetto), Ernesto Campos, Xaime Estévez (Os Terribles de Donas) ou Luís “O Caruncho”, entre outros.
O cuarteto vigués Matamá Ensemble gaña o festiva Folk de Plasencia
Xénero:
| 20 / 8 / 2010Xurxo Fernández, David Bello, Noa Vidal e Lucía Comesaña, ou o que é o mesmo, Matamá Ensemble, están estes días de noraboa. Son os gañadores da segunda edición do Festival Internacional Folk de Plasencia, un certame no que participaron 24 formacións. A aposta deste grupo vigués, que se caracteriza por revisar música tradicional con arranxos modernos, impúxose ás propostas dos andaluces Stolen Notes e os vascos Sokaide.
Ourense celebra as súas XXVII Xornadas de Folclore
Xénero:
| 10 / 8 / 2010Arredor de 450 artistas de diferentes países percorrerán a provincia de Ourense no marco das XXVIII Xornadas de Foclore. O evento, que visitará 18 localidades ata o vindeiro 19 de agosto, conta coa presenza de grupos tradicionais de Senegal, Brasil, México, Serbia, Daguestán ou Polonia, entre outros lugares. O día 16 a Cidade das Burgas acollerá unha actuación con todos os grupos participantes.
Os veteráns festivais de Pardiñas e Zas suman novas edicións
Xénero:
| 6 / 8 / 2010O Festival de Pardiñas chega esta fin de semana á súa edición número trinta e un. Canteca de Macao, Bellón Maceiras Quinteto ou Xosé Manuel Budiño son algunhas da actuacións que se poderán seguir sábado e domingo nesa localidade. Ademais, mantense a mostra de instrumentos tradicionais, que vai pola edición dezasete. Pola súa banda, a Festa da Carballeira de Zas chega á edición vinte e sete, cun cartel no que destacan, entre outros, Kepa Junquera, Gwendal ou Quempallou.
Nova Fronteira & Cartelle faise co Campionato de Bandas de Gaitas
Xénero:
| 2 / 8 / 2010O Monte do Gozo acollía onte a final do campionato da Liga Galega de Bandas de Gaitas. O encontro, que reuniu preto de 2.500 gaiteiros repartidos en 51 bandas, rematou coa victoria do grupo Nova Fronteira & Cartelle. Seguíronas as formacións Entienza e La Reina del Truébano. O xurado valorou o traballo na percusión, a gaita, a afinación, o conxunto e a estética de cada banda.
O Festival Intercéltico do Morrazo chega á XXVI edición
Xénero:
| 14 / 7 / 2010Malia á redución do seu orzamento á metade, o Festival Intercéltico do Morrazo celebra a final deste mes a súa XXVI Edición. O paseo marítimo de Moaña acolle os días 30 e 31 a partir das dez e media da noite as actuacións dos galegos Anxo Lorenzo e Ophiusa, os cántabros Garma e os estadounidenses Solas. O web do evento achega información detallada sobre o programa.
Todo listo para unha nova edición do Festival do Mundo Celta de Ortigueira
Xénero:
| 7 / 7 / 2010Xa está todo preparado para o evento iniciático por excelencia en Galicia: o Festival Internacional do Mundo Celta. Miles de persoas acudirán á vila do Ortegal para escoitar un plantel de músicos que este ano reúne a bandas como Marful, Cristina Pato, Leilía, Anxo Lorenzo, Celtas Cortos, os escoceses Shooglenifty, os estadounidenses Gaelic Storm ou o xa clásico desfile de bandas de gaitas. Como actividades paralelas, este ano o Festival estreará o filme Os Crebinsky ou a exposición Carácter celta sobre o propio Festival.
En Volta Xosé Manuel Budiño destila a esencia dunha xira por catro continentes
Xénero: VIDEO
| 24 / 6 / 2010 +O gaiteiro de Moaña xa ten nas tendas o CD e DVD Volta un traballo que, en verbas do propio Budiño, “non é exactamente un disco en directo nin un recopilatorio. É un experimento”.
REPORTAXE
Aprender das cantigas
Data.Antón Castro aproveita a nosa música tradicional para ensinar solfexo aos seus alumnos