Mercedes Peón e Cristina Pato tocarán no WOMEX
outubro 15, 2010
Vaise coñecendo a representación galega que acudirá ao coñecido festival musical WOMEX, en Dinamarca. Hai uns días facíase público que a organización do encontro seleccionar a galega Mercedes Peón para actuar na sección principal do mesmo o vindeiro 28 de outubro. Canda a ela, Cristina Pato participará no concerto que a marca Sounds from Spain desenvolve o día 29 no escenario offWOMEX. Canda a elas, entre o 27 e o 31 unha delegación da Axencia Galega das Industrias Culturais participará no evento dentro do posto de Sounds from Spain e confirmaron tamén a súa presenza os selos Maré, Zouma, Nordesía e Fol, asi como Budiño e a promotora Articket. Os asistentes ao encontro poderán coñecer a música galega a través dun duplo CD que amosa unha selección de grupos de xéneros como o pop-rock, o jazz e a música tradicional e folk.
Tamén che pode interesar:
- 23/ 6/ 2016 | Radio Cos representará a música galega no Womex
- 3/ 2/ 2015 | Estrelas do folk galego reúnense en Rústica
- 8/ 1/ 2013 | Cristina Pato lanza Migrations
- 4/ 1/ 2012 | SÓS de Mercedes Peón está entre os mellores discos de raíz de 2011
- 10/ 2/ 2010 | Cristina Pato presenta o seu novo traballo The Galician Connection