Noitarega presenta o seu novo disco XXI
setembro 17, 2010
Para conmemorar os seus 21 anos de existencia desde o 1989 até o presente a agrupación Noitarega ven de sacar o seu terceiro disco XXI (Autoedición). O disco propón vinte temas e foi gravado nos Estudios Muu de Vigo baixo a produción de Pedro Feijoó e do mesmo grupo que, fiel ao seu estilo, nos amosa a clara evolución da banda e que conta coas colaboracións de Anxo Pintos (Berrogüetto), Ernesto Campos, Xaime Estévez (Os Terribles de Donas) ou Luís “O Caruncho”, entre outros.
Na súa formación actual de cinco membros Noitarega busca unha nova interpretación da música tradicional galega, xunguindo o sabor do tradicional con novas e rechamantes opcións instrumentais e interpretativas, todo isto conseguido cunha base instrumental netamente autóctona máis realizando uns arranxos anovadores, como a combinación de gaitas en diferentes tons, zanfona con pito e requinta ou mesturas de diferentes aparellos percusivos.