Ti estás aquí > Inicio / / Os gaiteiros denuncian o tratamento da música tradicional nos medios públicos
Os gaiteiros denuncian o tratamento da música tradicional nos medios públicos
abril 28, 2010
O cambio de horario de emisión na de Alalá na TVG (os xoves ás 23:00 horas) e que Lume na palleira xa só se emite na Radio Galega Música (20.000 oíntes potenciais fronte os máis de 120.000 da Radio galega convencional) son algúns dos feitos que motivaron o último comunicado da Asociación de Gaiteiros Tradicionais. Nel denuncian que diminúen os tempos e se reduce a súa presenza para a música tradicional nos medios de comunicación públicos, ao tempo que insta a recuperar espazos e promover este xénero. Ademais, esta entidade anunciou que remitirá esta demanda aos tres grupos con representación no Parlamento.
Tamén che pode interesar:
- 15/ 1/ 2018 | Os gaiteiros lanzan o podcast semanal Rumboia
- 2/ 10/ 2015 | Pontevedra acolle as III Xornadas Arredor da Música Tradicional
- 15/ 10/ 2013 | O CGAC acollerá as II xornadas arredor da Música Tradicional
- 27/ 11/ 2012 | Chegan as I Xornadas Arredor da Música Tradicional
- 8/ 4/ 2009 | 12 meses, 13 lúas