Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / Ophiusa presenta cun concerto na FNAC o seu segundo disco

SEN PLANETA EVOLúE CARA A SONS MáIS ELéCTRICOS

Ophiusa presenta cun concerto na FNAC o seu segundo disco

FOLK | abril 14, 2010

disco_16679.jpg

O vindeiro 16 de abril a FNAC da Coruña acolle a presentación de Sen planeta, segundo traballo do grupo Ophiusa. Segundo anuncian no seu MySpace o conxunto evolúe "cara á parte máis eléctrica e ecléctica dentro do seu propio son". Todas as pezas inclúidas no disco, autoproducido pola banda, son da autoría dos membros do grupo, e nas mesmas atópanse colaboracións coma as de Bieito Romero, de Luar na Lubre, Óscar Fernández de bOnOvO ou Benxamín Otero, de Linho do Cuco. A gravación realizouse nos estudios Pink, do propio grupo. Despois da presentación, o vindeiro 27 de abril o grupo visita o Salón Teatro de Compostela no marco do ciclo ST Música Presente

datos do disco