Ti estás aquí > Inicio / / Martirio, Carmen Paris ou Berrogüetto participan no Música con Raíces da Coruña
Martirio, Carmen Paris ou Berrogüetto participan no Música con Raíces da Coruña
marzo 4, 2010
As voces de Mercedes Peón, Uxía e Guadi Gallego entre outras cantantes do país, abren o vindeiro domingo do ciclo Música con Raíces no teatro Rosalía de Castro da Coruña. O espectáculo Sereas, unha homenaxe ás pioneiras da música galega inicia un programa que contará con nomes tan destacados como Carmen Paris (o vindeiro día 25), Martirio, Luar na Lubre, Simphine Dana, Berrogüetto e mais Carlos Núñez.