Ti estás aquí > Inicio / / O Festival de Ortigueira presenta unha programación anovada
O Festival de Ortigueira presenta unha programación anovada
abril 28, 2010
Un 70% dos grupos que actuarán no XXVI Festival do Mundo Celta de Ortigueira acudirán por vez primeira a esta cita. Alberto Balboa, coordinador deste evento, aseguraba onte que esta edición renova o formato do evento e "sentará as bases do Festival do futuro". Entre o 8 e o 11 de xullo visitarán esta vila formacións como Oysterband, Celtas Cortos, Gaelic Storm, Krêposuk, Shooglenifty ou Afterhours. Pola banda galega agárdase a presenza Cristina Pato, Marful e Anxo Lorenzo band, así como dos grupos que participen no Concurso Runas para novos valores. O evento, organizado polo Concello de Ortigueira co apoio do Xacobeo, Estrella Galicia e a Deputación da Coruña, agarda convocar máis de 100.000 persoas.
Tamén che pode interesar:
- 18/ 7/ 2016 | Milladoiro presenta un CD-DVD ao vivo en Ortigueira
- 28/ 9/ 2015 | O Cuarteto caramuxo retorna con Arrieiros somos
- 5/ 7/ 2007 | Ortigueira comeza o seu macro-evento musical agardando máis dun cento de milleiros de asistentes
- 7/ 3/ 2006 | O Concello de Ortigueira saca por primeira vez a concurso a programación do Festival Internacional do Mundo Celta
- 24/ 6/ 2002 | Carlos Núñez estréase nun Festival de Ortigueira que cumpre 18 anos