Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / / Ernesto Campos estrea Concerto de Chapela, a primeira obra de folk sinfónico

CREMA DE GAITA E A BANDA DE MúSICA DE PONTEVEDRA INTERPRETAN ESTA NOITE A PEZA

Ernesto Campos estrea Concerto de Chapela, a primeira obra de folk sinfónico

FOLK | abril 29, 2010

imaxe non dispoñible

O Pazo da Cultura de Pontevedra acolle esta noite a estrea de Concerto de Chapela, a primeira obra galega de folk sinfónico. A Banda Municipal de Música e mais o grupo Crema de gaita interpretan a obra de Ernesto Campos, inspirada na localidade viguesa do mesmo nome e que reúne no escenario corenta e oito músicos. Canda a esta peza, no mesmo concerto estrearase a peza para gaita e orquestra Luces do Atlántico do mesmo compositor. A cita é ás nove da noite e entrada é de balde.