Ti estás aquí > Inicio / Xéneros / Jazz/Blues
Música Jazz/Blues
Mónica de nut trío presenta o seu primeiro disco
Xénero:
| 24 / 1 / 2012Logo de amosar o seu traballo en festivais de jazz e concertos por todo o país, o proxecto Mónica de nut trío lanza o seu primeiro disco. Totalmente autoproducido e editado baixo o selo Freecode Jazz records, o lanzamento mestura os sons do jazz e as voces e efectos da vocalista co traballo de Paco Dicenta ao baixo e bases electrónicas e mais Virxilio da Silva coa guitarra e efectos. O CD, co mesmo nome do grupo, presenta nove temas nos que apostan por sons complexos e cunha coidada produción, mesturando elementos de jazz, electrónica, experimentación e mesmo música de raíz. Pódese adquirir por dez euros en diferente locais do país ou solicitarllo directamente aos músicos. Tamén está dispoñible integramente no web de Mónica de Nut para libre descarga. Os vindeiros 3 e 24 de marzo o grupo actuará na sala La Tuerka 27, da Coruña.
O Festival de Jazz de Lugo chega á súa XXI Edición
Xénero:
| 8 / 11 / 2011“O festival de Jazz máis lonxevo de Galiza, con 20 edicións xa ás costas”. Así definiu onte o responsable de Cultura da Deputación de Lugo, Mario Outeiro, o Festival de Jazz de Lugo, que inicia o vindeiro sábado a súa XXI xeira. A programación, que se prolonga ata o vindeiro sábado 19, mestura artistas de talla internacional como Roy Haynes ou Lizz Wright con músicos galegos como Marcos Pin ou Felipe Villar entre outros. Unha vintena de recitais compoñen un programa que ten no Círculo de Belas Artes e mais na sala Clavicémbalo as súas principais sedes.
Víctor Aneiros presenta o seu DVD ao vivo
Xénero:
| 26 / 10 / 2011O concerto que deu Víctor Aneiros o 27 de novembro de 2010 no Teatro Jofre de Ferrol no marco do ciclo Out Jazz, ve a luz agora na forma dun DVD. O músico de blues ten xa á venda Víctor Aneiros ao vivo, unha obra na que se poden escoitar doce temas incluíndo cancións como Na barra, Axúdame ou Sombras de Compostela e que conta con colaboracións coma as de José e Roberto Somoza, Mauro Sanchís ou a voz de Julie Guravich. Os vindeiros concertos que ten previstos o bluesman son o 1 de decembro no Pazo da Cultura de Narón e o 10 do mesmo mes no Teatro Principal de Ourense.
MCarballo fai unha aposta polo rock sureño no seu segundo disco
Xénero: IMAXES
| 5 / 10 / 2011 +O vocalista, guitarrista e compositor ourensán Manuel Carballo, presenta baixo o seu nome artístico MCarballo o seu segundo traballo discográfico, un EP titulado You Knew It (Zouma records, 2011). Como novidade respecto ao anterior cabe sinalar que está acompañado por David Outumuro (batería) e Alberto García (baixo e coros) conformando o MCarballo Trío. En You Knew It poderemos atopar 5 cancións de composición propia gravadas íntegramente en inglés. Se no seu álbum de debut On Your Pillow (Zouma Records, 2007) desenvolvía un son máis próximo ao folk americano, este novo EP ofrece un sabor eminentemente blues-rock en cuanto a sonoridades e temáticas reflectindo a predilección do autor polo rock sureño. Neste novo traballo conta, ademais coas colaboracións de Abe Rábade, no órgano hammond en I saw her near the river, I'll lose my love e One life without you, e María Mendoza, nos teclados e coros. Todo un clásico da escena musical ourensá, Manuel Carballo ten formado parte de diferentes grupos colaborou en discos de artistas e bandas como Mutenrohi, Cristina Pato, El Pararrayos, Magritte e Magin Blanco, entre outros.
A Orixe Cero de Xan Campos Trío
Xénero: AUDIO
| 3 / 10 / 2011 +Unha das voces máis orixinais do jazz galego estrea formación no estudio. O pianista Xan Campos gravou, canda a Horario García no contrabaixo e Iago Fernández na Batería Orixe Cero (Free Code Jazz Rercords), un disco no que os ritmos do jazz mestúranse con influencia de rock, o pop ou o folk. A obra está dispoñible para ouvir e descargar desde a rede, baixo licenza Creative Commons.
Un filme abre a décimocuarta edición do festival de Cangas de Jazz
Xénero:
| 23 / 8 / 2011Jazz en Liberdade é un documental que respasa o arraigo deste xénero musical na localidade de Cangas a través de dúas xeracións de músicos e veciños. Dirixido por Xes Chapela e gravado na localidade o ano pasado pódese ver hoxe en Cangas (Eirado do Costal, 22:30 horas) como o acto de apetura da décimocuarta edición do Festival Internacional de Jazz Canjazz. O festival contará con dúas noites máis de jazz ao vivo de balde, que se complementa coa organización dun obradoiro, entre o martes 23 e o sábado 27, impartido polo compositor de Nova Iorque, Matt Vorzimer, quen tamén actuará en directo.
Preséntase en concerto Admirando a condición, o primeiro disco de Sés
Xénero:
| 19 / 7 / 2011O Teatro Rosalía de Castro da Coruña acolle este xoves 21 o concerto de presentación do disco Admirando a condición, primeiro traballo discográfico do proxecto musical Sés liderado por María Xosé Silvar. Acompañada dunha banda de dez músicos profesionais Sés presenta neste traballo producido por Airapro, dez temas propios en galego gravados con toda a banda, metais e coros e ademais un corte extra no formato acústico co que actuaron Silvar e Tito José Calviño nos meses pasados en bares e locais de toda Galicia. Admirando a condición gravouse e mesturouse nos estudos Bruar da Coruña. Formada na música e no baile tradicional María Xosé Silvar é profesora e licenciada en Filoloxía Galega e Antropoloxía Social. No 2007 creou xunto a tres amigos Chámalle Xis!, un dos grupos revelación daquel ano e un dos gañadores do concurso Acoruna Son, apadriñado por Santiago Auserón. Co seu proxecto persoal Sés ofrece a súa enerxía musical a través de rhythm & blues, jazz, rock, ritmos latinos e son big band en galego.
Avishai Cohen deu comezo ao Imaxina Sons
Xénero:
| 17 / 6 / 2011O contrabaixista Avishai Cohen daba onte comezo á sétima edición do festival de jazz de Vigo, Imaxina Sons. Ata o vindeiro 25 de xuño continúa a programación deste evento, que contará coa presenza de figuras como Nils Petter Molvaer, Sidsel Endresen, Neil Cowley e John Taylor. Malia a que o orzamento do festival descendeu este ano un 30%, o seu director, Nani García, salienta o nivel acadado nesta xeira e apunta que o evento se abre a novas latitudes. En canto a músicos galegos, cóntase coa presenza de Xan Campos e Pablo Seoane.
Moondogs Blues Party presenta o seu segundo disco
Xénero:
| 8 / 6 / 2011Da man do selo vasco Gaztelupeko Hotsak chega ás tendas Thirty Roads, o segundo disco da banda galega Moondogs Blues Party. Cunha aposta polo blues máis achegado ao son do sur dos Estados Unidos, a banda que lidera Javier Prado presenta dez novos temas que se moven polo imaxinario das estradas, falando sobre o amor, a frustración ou o pasado. O disco conta con colaboracións como a de Víctor Aneiros e foi gravado nos estudios Abrigueiro. Logo do debut o pasado sábado 4 na sala LeClub da Coruña, a banda continúa a xira de presentación continúa polo Roi Xordo, de Allariz, o vindeiro 23 de xullo. Na actualidade o grupo prepara o videoclip do tema The devil is on the roof, que dirixe Cristina Becerra
O Imaxina Sons chega á sétima edición o vindeiro mes de xuño
Xénero:
| 19 / 5 / 2011O festival de jazz de Vigo, Imaxina Sons, celebrará entre o 15 e o 27 de xuño a súa VII edición. Avishai Cohen, Nils Petter Molvaer, Sidsel Endresen, Neil Cowley e John Taylor son os nomes máis destacados no evento que coordina o músico Nani García. Canda a eles, poderanser ver nas rúas da cidade as actuacións da Orquestra A Tempo de Pontevedra e mais dos alumnos da Escola Municipal de Música da Coruña.
REPORTAXE
Unha escola de improvisación
Data.O Seminario Permanente de Jazz de Pontevedra tira o seu cuarto disco e consolídase como centro de formación neste estilo musical