MCarballo fai unha aposta polo rock sureño no seu segundo disco
outubro 5, 2011
O vocalista, guitarrista e compositor ourensán Manuel Carballo, presenta baixo o seu nome artístico MCarballo o seu segundo traballo discográfico, un EP titulado You Knew It (Zouma records, 2011). Como novidade respecto ao anterior cabe sinalar que está acompañado por David Outumuro (batería) e Alberto García (baixo e coros) conformando o MCarballo Trío. En You Knew It poderemos atopar 5 cancións de composición propia gravadas íntegramente en inglés. Se no seu álbum de debut On Your Pillow (Zouma Records, 2007) desenvolvía un son máis próximo ao folk americano, este novo EP ofrece un sabor eminentemente blues-rock en cuanto a sonoridades e temáticas reflectindo a predilección do autor polo rock sureño. Neste novo traballo conta, ademais coas colaboracións de Abe Rábade, no órgano hammond en I saw her near the river, I'll lose my love e One life without you, e María Mendoza, nos teclados e coros. Todo un clásico da escena musical ourensá, Manuel Carballo ten formado parte de diferentes grupos colaborou en discos de artistas e bandas como Mutenrohi, Cristina Pato, El Pararrayos, Magritte e Magin Blanco, entre outros.
Tamén che pode interesar:
- 23/ 1/ 2013 | Dixie Town presenta O furacán
- 22/ 11/ 2012 | Patricia Moon lanza Oxytocin
- 10/ 4/ 2008 | Ruxe-ruxe reivindícanse como banda de rock and roll con Xigantes
- 17/ 12/ 2007 | Desde o sur de Galicia ao sur dos Estados Unidos co primeiro disco de MCarballo
- 24/ 5/ 2007 | O selo PAI anuncia o lanzamento do primeiro disco do grupo arousán Cornelius