Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / O terceiro álbum da Orquestra Galega de Liberación mira alén do Miño

'MEETS PORTUGAL' RECOLLE AS IMPROVISACIóNS REALIZADAS EN SETEMBRO NA APERTURA DO MUMI

O terceiro álbum da Orquestra Galega de Liberación mira alén do Miño

JAZZ/BLUES | marzo 10, 2022

OGL_MeetsPortugal.jpg

A Orquestra Galega de Liberación suma un novo rexistro ao seu prolífico percorrido como emblema do jazz improvisado. 'Meets Portugal' é o terceiro disco presentado pola OGL en pouco máis dun ano. Como os anteriores foi gravado ao vivo, neste caso recollendo a actuación íntegra feita en Tui o 9 de setembro durante a apertura do encontro MUMI 2021, reunindo músicos galegos e portugueses. Toda a música deste concerto foi improvisada no acto e composta en tempo real mediante técnicas de improvisación dirixida. Ningún material fora acordado, aprendido ou composto previamente segundo indica a propia OGL. Dezasete músico participan desta gravación, seis deles lusos, feita xustamente na apertura dese evento que representa o encontros entre as escenas portuguesa e galega nas beiras do Miño. Seis temas cuxas execucións supoñen un total de 54 minutos conforman este terceiro traballo desta formación de música que reúne artistas e intérpretes dos distintos ámbitos do mundo clásico, o jazz, a música de vangarda e a performance. 'Meets Portugal' segue ao seu primeiro disco, 'Orquestra galega de Liberación' (2021) co que se recolleu o seu primeiro concerto e a 'Na Loita' (2021) que foi gravado ao vivo no Festival Jazz de Ría de Narón en agosto do pasado ano. O disco está dispoñible en todas as plataformas dixitais, incluíndo You Tube.

datos do disco