Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / Mónica de nut trío presenta o seu primeiro disco

JAZZ, ELECTRóNICA E MúSICA EXPERIMENTAL DANSE CITA NOS 9 TEMAS DO LANZAMENTO

Mónica de nut trío presenta o seu primeiro disco

JAZZ/BLUES | xaneiro 24, 2012

not_20296.jpg

Logo de amosar o seu traballo en festivais de jazz e concertos por todo o país, o proxecto Mónica de nut trío lanza o seu primeiro disco. Totalmente autoproducido e editado baixo o selo Freecode Jazz records, o lanzamento mestura os sons do jazz e as voces e efectos da vocalista co traballo de Paco Dicenta ao baixo e bases electrónicas e mais Virxilio da Silva coa guitarra e efectos. O CD, co mesmo nome do grupo, presenta nove temas nos que apostan por sons complexos e cunha coidada produción, mesturando elementos de jazz, electrónica, experimentación e mesmo música de raíz. Pódese adquirir por dez euros en diferente locais do país ou solicitarllo directamente aos músicos. Tamén está dispoñible integramente no web de Mónica de Nut para libre descarga. Os vindeiros 3 e 24 de marzo o grupo actuará na sala La Tuerka 27, da Coruña.

MULTIMEDIA
Mónica de Nut Trío - Como deita o tempo

Como deita o tempo from MM | Marcos Martinez on Vimeo.

AUDIO
Cómo deita o tempo, de Mónica de Nut Trío (30 segs.)
AUDIO
Esquécete das cousas, de Mónica de Nut Trío (30 segs)
datos do disco