Ti estás aquí > Inicio / Xéneros / Jazz/Blues
Música Jazz/Blues
Friktone presenta CusCus
Xénero:
| 22 / 5 / 2012Fito Ares á frauta e ao saxofón, Fernando Lamas na batería e mais o finlandés Risto Vuolanne no contrabaixo forman, desde hai xa catro anos Friktone. Logo dunha importante traxectoria nos escenarios, o conxunto presenta agora Cus Cus, un disco que amosa en seis temas a capacidade de improvisación deste trío no que se mesturan sons do Free Jazz e da música contemporánea. Gravado ao vivo no Pazo da Ópera da Coruña, o proxecto está editado pola discográfica albaceteña Clamshell Records.
Preséntase a primeira promoción de titulados de Jazz
Xénero:
| 8 / 5 / 2012O Jazz está de actualidade. Logo da celebración, o pasado día 30 do día internacional dedicado a este xénero musical, o vindeiro mércores ás 13 horas, o Conservatorio Superior de Música da Coruña presentará a primeira promoción de titulados de jazz de Galicia. No acto presentarse o DVD do espectáculo Galitalia Jazz Meeting na que paraticipou a big band do conservatorio, dirixida por Kin García, e actuará esta formación.
Azos Jazz continúa a súa andaina
Xénero:
| 7 / 5 / 2012Malia a que a desaparición de Falcatruada, a casa que o viu nacer, facía pensar no final da actividade, Azos Jazz dá mostras da súa vitalidade lanzando dúas novidades. O selo que conta coa dirección artística de Abe Rábade retorna logo de dous anos con Experianza, de Alberto Vilas Quinteto e mais Bill Goodwin Quartet Live in Santiago.
Alberto Vilas Quinteto presenta Experianza
Xénero:
| 30 / 4 / 2012Un jazz con fortes pegadas do son americano dos anos 40, 50 e 60. Altas doses de improvisación con músicos chegados de xéneros como o blues, o tango ou a música clásica entre outros que se agrupan arredor do músico que nomea o proxecto. Experianza, o álbum debut de Alberto Vilas Quinteto chega ás tendas da man do selo Azos Jazz, coordinado por Abe Rábade. O pub Clavicémbalo, de Lugo, acolle o venres 27 de abril o comezo da xira de presentación da obra, que continuará polo Porriño (30 de abril), A Coruña (2 de maio) e O Grove (5 de maio).
Víctor Aneiros Band e Julie Guravich lanzan un disco conxunto
Xénero:
| 17 / 4 / 2012O grupo ferrolán Víctor Aneiros Band acada de lanzar Back From The Blues, un disco editado por Gaztelupeko Hotsak no que se alía coa vocalista canadense Julie Guravich. O proxecto achega dez temas nos que se mesturan clásicos do blues como Help me throught the day ou Same old blues con temas do propio Aneiros como Yes I know ou Driving home, así como o que lle dá título ao disco. Canda á voz, o traballo conta con colaboración como o recoñecido harmonicista Mingo Balaguer. A gravación fíxose en Ank Studio, en neda, e a produción correu a cargo de Aneiros e de Victor Gacio.
Robert Glasper abre o XVII Ciclo de Jazz da Fundación Barrié
Xénero:
| 10 / 4 / 2012Dous concertos de Robert Glasper no auditorio da Fundación Barrié abren, o vindeiro 14 de abril, o XVII Ciclo de Jazz da Fundación Barrié. A iniciativa achega este ano ao noso país, ademais de a Glasper, as formacio´ns Chico Freeman & Fritz Pauer Trio, Patti Austin Quartet, Steve Kuhn Trio e mais Mathew Simon & MBM Trio. En total serán cinco concertos repartidos entre A Coruña, Vigo e Lugo.
Sumrrá celebra o seu aniversario cunha xira
Xénero:
| 9 / 3 / 2012Hoxe mesmo arrinca en Vigo a xira galega coa que o trío de jazz Sumrrá celebra os seus doce anos de traballo. Manuel Gutiérrez, Xacobe Martínez Antelo e LAR Legido realizaron neste período catro lanzamentos discográficos e milleiros de concertos a nivel internacional. A intención do grupo é percorre Galicia ao longo deste ano nunha serie de recitais cos que queren agradecer aos seus seguidores o apoio recibido neste tempo.
Iago Fernández debuta con Agromando
Xénero:
| 15 / 2 / 2012Da man de Freecode Jazzrecords chega ás tendas Agromando, primeiro disco do batería cangués Iago Fernández. O proxecto achega dez cortes de jazz contemporáneo, mesturado con diferentes influencias, dos cales sete son da autoría deste músico e outros tres versións Radiohead ou Djaván. Canda a el, participan no proxecto Demian Caboud, Xan Campos, André Fernandes, Virxilio da Silva, Zé Pedro, João Mortágua e mais Baptiste Techer. A obra gravouse e masterizouse nos Boom Studios de Vila Nova de Gaia o pasado mes de xuño
Santiago inaugura un ciclo musical coa presenza de destacados músicos de Jazz
Xénero:
| 1 / 2 / 2012Erik Truffaz 4tet, Joe Lovano Quartet e The Bad Plus son tres referencias ineludibles do jazz a día de hoxe. E os tres son cabeza de cartel de Jazz in blue o novo ciclo musical co que conta o concello de Santiago. O concelleiro, Ángel Currás, e o director-xerente do Auditorio, José Víctor Carou, presentaron a programación que arrinca o 18 de febreiro coa presenza de Erik Truffaz 4tet, músico coñecido polo seu estilo contemporáneo fusiona jazz, rock, hip-hop, world music e electrónica. As entradas, que custan entre 15 e 18 euros, están á venda en Carrefour, FNAC, Halcón Viajes, Tiendas Tipo, red ticketmaster.
A alborada que inspirou a Miles Davis
Xénero:
| 31 / 1 / 2012A historia aparecía onte nun especial que The New York Times facía sobre o traballo de recollida sonora de Alan Lomax nos 50, co gallo da edición dun novo álbum con gravacións feitas polo etnomusicólogo: The Alan Lomax Collection From the American Folklife Center. Entre a selección feita polo New York Times, está a Alborada de Vigo, interpretada polo xornaleiro e castrador de porcos José María Rodríguez. O New York Times achéganos a fermosa continuación desta historia. Este tema inspirou ao gran músico Miles Davis na súa composición "The Pan Piper", do álbum Sketches from Spain.
REPORTAXE
Unha escola de improvisación
Data.O Seminario Permanente de Jazz de Pontevedra tira o seu cuarto disco e consolídase como centro de formación neste estilo musical