Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / Friktone presenta CusCus

O PRIMEIRO TRABALLO AMOSA O BO FACER DESTA FORMACIóN NO JAZZ IMPROVISADO

Friktone presenta CusCus

JAZZ/BLUES | maio 22, 2012

cuscus_friktone.jpg

Fito Ares á frauta e ao saxofón, Fernando Lamas na batería e mais o finlandés Risto Vuolanne no contrabaixo forman, desde hai xa catro anos Friktone. Logo dunha importante traxectoria nos escenarios, o conxunto presenta agora Cus Cus, un disco que amosa en seis temas a capacidade de improvisación deste trío no que se mesturan sons do Free Jazz e da música contemporánea. Gravado ao vivo no Pazo da Ópera da Coruña, o proxecto está editado pola discográfica albaceteña Clamshell Records.

Logo de presentar o seu traballo o pasado 19 de maio no Museo de Belas Artes da Coruña, o grupo continuará en datas próximas as presentacións ao vivo en diferentes espazos. A volume pode adquirirse na tenda de Clamshell Records a doce euros a unidade e estará tamén dispñible no club de jazz Filloa e mais na libraría coruñesa Nova Colón.

MULTIMEDIA
Friktone toca CusCus ao vivo
datos do disco