Nani García Trío presenta Renaissance
xuño 12, 2012
Nani García volta ao jazz. Logo dunha longa temporada como compositor, presenta Renaissance, como Nani García Trío. Miguel Cabana á batería e Simón García no contrabaixo completan esta formación. Un total de oito temas compostos por García supoñen o debut discográfico do conxunto da man de Xingra, unha obra que "retende ser unha reflexión en clave positiva da importancia de reinventarse día a día". O Teatro Rosalía de Castro acolle o vindeiro 16 de xullo o concerto de presentación do álbum. A xira continuará despois do verán por todo o país.
Tamén che pode interesar:
- 8/ 11/ 2018 | Eu ben vin, virivín recupera o cancioneiro infantil tradicional
- 31/ 1/ 2018 | A Rede Galega de Música ao Vivo presenta datas e artistas
- 8/ 11/ 2013 | Lugo acolle desde hoxe o seu XXIII Festival de Jazz
- 31/ 3/ 2007 | Vigo presenta a terceira edición do seu festival internacional de jazz con dúas semanas dedicadas a este xénero na cidade
- 21/ 3/ 2007 | Nani García e César Benito son candidatos aos Premios da Crítica Musical Cinematográfica