Preséntase a primeira promoción de titulados de Jazz
maio 8, 2012
O Jazz está de actualidade. Logo da celebración, o pasado día 30 do día internacional dedicado a este xénero musical, o vindeiro mércores ás 13 horas, o Conservatorio Superior de Música da Coruña presentará a primeira promoción de titulados de jazz de Galicia. No acto presentarse o DVD do espectáculo Galitalia Jazz Meeting na que paraticipou a big band do conservatorio, dirixida por Kin García, e actuará esta formación.
Tamén nestes días, concretamente o pasado venres, deuse a coñecer Amajazz, a Asociación de Jazz Mariña. Co obxectivo fundamental de asumir a organización do do V Seminario de Jazz e Música Moderna de Burela, a entidade pretende promover concertos, ciclos de formación e todo tipo de actividades arredor do xénero.