Ti estás aquí > Inicio / / A alborada que inspirou a Miles Davis
A alborada que inspirou a Miles Davis
xaneiro 31, 2012
A historia aparecía onte nun especial que The New York Times facía sobre o traballo de recollida sonora de Alan Lomax nos 50, co gallo da edición dun novo álbum con gravacións feitas polo etnomusicólogo: The Alan Lomax Collection From the American Folklife Center. Entre a selección feita polo New York Times, está a Alborada de Vigo, interpretada polo xornaleiro e castrador de porcos José María Rodríguez. O New York Times achéganos a fermosa continuación desta historia. Este tema inspirou ao gran músico Miles Davis na súa composición "The Pan Piper", do álbum Sketches from Spain.
Aquí podes escoitar a Alborada de Vigo gravada por Alan Lomax en Faramontaos en 1952. E aquí "The Pan Piper", de Miles Davis: