Ti estás aquí > Inicio / Xéneros / Jazz/Blues
Música Jazz/Blues
O fillo de Clint Eastwood, un dos reclamos do XV Festival de Jazz de Ourense
Xénero:
| 3 / 5 / 2011Mañá arrinca en Ourense unha nova edición dunha das súas citas habituais, o Festival de Jazz Primavera. Un encontro que cumpre quince anos e que conta coa presenza do guitarrista norteamericano AL Di Meola (é a súa terceira visita a Ourense) e o Kyle Eastwood, fillo do coñecido director e actor de cine. De feito Kyle é o compositor das bandas sonoras das últimas películas do seu pai. A programación deste ano, que se estende ata o 20 de maio, abranguerá diferentes modalidades como o jazz flamenco. Precisamente entre as novidades está prevista unha máster class sobre este estilo, que impatirá Jorge Pardo, coñecido por acompañar a Paco de Lucía por todo o mundo. O festival tamén contará con jazz galego, que participará o grupo Abuña Jazz.
Xacobe Martínez Antelo Cuarteto lanza Jazz from Galiza!!
Xénero:
| 13 / 4 / 2011Jazz from Galiza!! é o título do novo traballo do Xacobe Martínez Antelo Cuarteto. A obra, publicada por Free Code Jazz Records, é a primeira da formación que compoñen Rosolino Marinello e Fernando Sánchez ós saxos, Max Gómez á batería e o propio Martínez Antelo ao contrabaixo. O proxecto, gravado en parte ao vivo, recolle composicións orixinais que exploran as máis diversas variantes do jazz, desde o free ao melódico. Un concerto do ciclo ST Música Presente no Salón Teatro de Santiago serve hoxe ás 21 horas de presentación ao lanzamento.
Galicia convértese por uns días no epicentro do jazz con dúas programacións deste xénero
Xénero:
| 11 / 3 / 2011Existe desde hai un tempo en Galicia numerosas iniciativas arredor do jazz, por iso non é de estrañar que algunhas delas coincidan no tempo. É o caso do programa Jazz no Principal que desenvolve o Seminario Permanente de Jazz da capital pontevedresa e a cuarta edición do Ciclo 1906. No caso pontevedrés o ciclo terá lugar nas fins de semana deste mes de marzo e nel participarán intérpretes da talla de Logan Richardson, Albert Sanz e Chris Kase. Por outra banda, o Ciclo 1906 conta en Galicia (Santiago, Lugo, A Coruña, Ferrol e Ourense) con 9 das 13 sedes oficiais. Iso dá pé a que Roy Hargrove, Arthur Kell e Tineke Postma toquen en Galicia a partir do 18 de marzo.
A Barrié centra o novo ciclo de jazz no panorama actual do xénero
Xénero:
| 23 / 2 / 2011Co obxectivo de retratar o momento actual do jazz mundial, o novo ciclo da Fundación Barrié programará a algúns dos nomes máis vibrantes da escena musical actual neste xénero. Artistas como China Moses, Jar Garbarek, Thelonious Monk (fillo), Ravi Coltrane, Anthony Colman, ou Airto Moreira entre outros. A presenza galega está representada polo CSM Coruña Jazz Trío, unha formación de profesores da Aula de Jazz do Conservatorio da Coruña que compartirán escenario co saxo tenor Scott Hamilton.
Iberojazz VI
Xénero:
| 18 / 1 / 2011Con seis edicións ás costas, Iberojazz está a se consolidar como unha cita fundamental no panorama deste xénero do noso país. Esta mesma semana bota a andar a nova xeira deste proxecto, cunha homenaxe a Irving Berlin como fío condutor. Entre as novidades do proxecto, o programa presenta unha homenaxe á primeira licenciatura de jazz de Galicia. A Big Band do Conservatorio da Coruña realizará un intercambio cunha formación homóloga de Italia na que poderemos coñecer as composicións dos novos licenciados do noso país. Deste intercambio sairá un DVD en directo Antonio Serrano, Chema Sáiz e Israel Sandoval son algúns dos nomes que se poderán ver nesta xeira, ademais das xa habituais sesións no pub Filloa, centradas en valores do noso país. Alberto Conde, director artístico do evento, explícanos as peculiaridades desta edición, que bota a andar o día 20.
Nani García substitúe a Baldo Martínez á fronte do Imaxina Sons
Xénero:
| 17 / 12 / 2010O Imaxina Sons, o festival dedicado ao jazz que acumula seis edicións en Vigo, ten novo director artístico. Nani García substitúe a Baldo Martínez, director e alma máter deste encontro desde o seu nacemento. Nani non é un estrano para o encontro onde xa participou como director do “Imaxina Jazz Orquestra” nunha homenaxe a Antonio Cal, saxofonista xa desaparecido que formou parte de Clunia ( grupo pioneiro deste estilo musical en Galicia e no que tamén estiveron tanto Baldo Martínez como Nani García). A vindeira edición, que desenvolverá entre finais de xuño e principios de xullo, estreará un novo modelo organizativo, no que Nani García coordinará a unha mesa de asesores que fará achegas ao deseño do festival. O Imaxina Sons está consolidado como unha cita de referencia ao redor do jazz europeo e cunha especial atención ao jazz feito en Galicia.
Lugo achégase ao jazz no vixésimo aniversario deste festival
Xénero:
| 10 / 11 / 2010Hai vinte anos, con pouco orzamento e menos experiencia o colectivo lugués Escobijazz puxo en marcha o I Festival de Jazz de Lugo. Dúas décadas despois, o colectivo recupera daquela primeira edición feita a base de grupos canarios, algunhas formacións insulares (a Bing Band de Canarias e a Dich Oatts). Canda elas, unha achega importante de homenaxe aos clásicos como Joe Lovano e Dave Liebman ou John Coltrane. A cita arrinca mañá en Lugo a ata o día 20 de novembro habará oco para 17 formacións.
Fluorescencias con jazz
Xénero:
| 19 / 10 / 2010É a historia dun can cheo de pulgas ao que dous felinos vagamundos lle rouban o seu oso e coa axuda dun rato consegue recuperar o seu tesouro. A ritmo de jazz e facendo referencias aos debuxos americanos dos anos cincuenta, Galitoon conta unha historia sinxela sobre a amizade. Ademais, Botazz! O swing do jazz foi unha proposta do Imaxina Sons, o festival de Jazz do concello de Vigo, que quixo achegar este estilo musical aos máis pequenos. O resultado é unha obra de jazz para nenos contada con bonecos luminosos e música en directo.
Balea´s Blues Quintet protagoniza a XIII Canjazz, o referente musical do verán cangués
Xénero:
| 19 / 8 / 2010Sen a participación económica da Xunta pero co apoio total do Concello de Cangas e Caixanova, esta localidade pontevedresa acollerá desde o vindeiro martes 24 a décimo terceira edición do seu festival de jazz. Greg Ruggiero, Balea´s Blues Quintet e o batería Marc Ayza son os principais reclamos do cartel que achega artistas que están a trunfar en Nova Yok, xunto con artistas locais. Ademais, a organización ten previsto gravar un disco conxunto entre todos os participantes que leva o nome de Canjazz Collective. Pero antes, os amantes do jazz terán outra cita en Pontedeume que acolle desde hoxe unha nova edición do festival Vol.5 que durará ata o vindeiro sábado.
Déixate sorprender
Xénero:
| 23 / 6 / 2010“Un non pode chegar á butaca sabendo de antemán o que vai escoitar. Necesitamos que se sorprenda”. E neso traballa Baldo Martínez, director do Imaxina Sons para que cada ano a xente descubra novas propostas musicais. Este ano, o festival ofrecerá desde unha banda que reinterpreta os sons africanos a ritmo de jazz ata un proxecto pensado para iniciar aos máis pequenos neste xénero pasando por master class, mesas redondas, concertos… a cita co jazz arranca hoxe en Vigo.
REPORTAXE
Unha escola de improvisación
Data.O Seminario Permanente de Jazz de Pontevedra tira o seu cuarto disco e consolídase como centro de formación neste estilo musical