Ti estás aquí > Inicio / Xéneros / Jazz/Blues
Música Jazz/Blues
O III Jazz Mariñas arrinca con obradoiros en institutos
Xénero:
| 19 / 5 / 2010Dez obradoiros para introducir os alunos de diferentes institutos da comarca nas bases do jazz. Esta é a presentación coa que bota a andar esta semana a terceira edición de Jazz Mariñas. Os concertos deste festival inícianse o vindeiro 4 de xuño no centro cultural A Fábrica de Oleiros, co grupo Clunia. A partir de entón, e ata o 26 do mesmo mes, sucederanse concertos cada venres e sábado en locais dos diferentes concellos da comarca, con grupos como Jazzanga, Verónica Ferreiro, Kin García ou Xan Campos Trío.
A Deputación e o concello de Ferrol volven poñer en marcha o festival Out.Jazz
Xénero:
| 11 / 5 / 2010Víctor Aneiros, Roberto Somoza, Guiulia Valle e Mercedes Peón son algúns dos artistas que figuran no cartel Out.Jazz, o festival de jazz que organiza o concello de Ferrol. A deputación da Coruña acaba de confirmar unha achega de 28.000 euros para este fin, co que se garante a celebración dunha nova edición deste encontro que tivo moi boa acollida.
Arrinca o 14 Festival de Jazz de Ourense
Xénero:
| 4 / 5 / 2010Ten 85 anos, máis de seis décadas de experiencia no mundo do jazz e, en moitas revistas especializadas din del que é “o batería con mellor currículo do mundo”. Roy Haynes é o encargado de abrir a décimocuarta edición do Festival de Jazz Primavera de Ourense que arrinca hoxe en Ourense. Seis concertos, cinco no Café Latino e un na Praza de Santa Eufemia, conforman a programación deste encontro que se desenvolve do 4 ao 28 de maio e contará con Dena de Rose Trio e Scott Hamilton, Nicholas Payton Quintento e Benny Golson e Cedar Walton Cuarteto.
O Festival de Jazz e Blues de Pontevedra celebra a súa maioría de idade
Xénero:
| 30 / 4 / 2010Se en edicións anteriores se decantaron máis polo blues, o décimo oitavo Festival Internacional de Jazz e Blues tocará a ritmo de jazz. Terá lugar do 20 ao 25 de xullo e contará con concertos de balde, o o ciclo Pontejazz de actuacións, clases maxistrais, noites de jam session e actuacións pola rúa. Logan Richardson, Sam Harris, Aidan Carroll e Tommy Craneno son algúns dos reclamos deste cartel.
Chega a sexta edición do Imaxina Sons, o festival de jazz de Vigo
Xénero:
| 29 / 4 / 2010Comezou timidamente, cunha proposta rompedora no eido de jazz ao programar os sons que se facían desde Europa. Co tempo foi incorporando incursións nos jazz prducido desde Latinoamérica ou Norteamérica. E nesa senda segue na súa sexta edición que se presentou hoxe en Vigo. As novidades non veñen na súa concepción (músicos de renome e auténtico luxo neste xénero músical) senón na súa xestión: pódense mercar abonos da programación completa e incorpórase o auditorio municipal aos espazos de concertos. O encontro, organizado polo concello de Vigo, comeza o vindeiro 5 de marzo e contará con figuras tan relevantes como Martial Solal, Dave Douglas, Louis Sclavis e a proposta galego-americana Atlantic Bridge.
Azos Jazz achegará ao público sons vencellados a Galicia
Xénero: AUDIO
| 20 / 4 / 2010 +Unha serie de discos dedicados ao jazz vencellado, dun ou doutro xeito a Galicia e a servir como plataforma dos talentos emerxentes. Esta é a proposta que fai o selo Falcatruada con Azos Jazz, unha colección que se presenta hoxe mesmo con Introducing Álvaro Vieito, o primeiro álbum deste guitarrista e compositor do Porriño con oito temas propios e acompañado polo saxo de Masahiro Yamamoto, Ross Gallagher ao baixo, Max Gómez á batería e a colaboración de Abe Rábade.
Sae a nova gravación do Seminario Permanente de Jazz de Pontevedra
Xénero:
| 19 / 4 / 2010O Seminario Permanente de Jazz de Pontevedra ven de presentar o seu novo traballo discográfico que fai o quinto volume das súas gravacións. Jazz Live! No Principal Vol.V (Free Code Jazzrecords) recolle oito temas gravados ao vivo que foron escollidos dentro das tres actuacións do ciclo Jazz no Principal 2009 nas que participaron como artistas convidados o batería catalán Marc Ayza, o contrabaixista arxentino Demian Cabaud e o saxofonista cubano Román Filiú, todos eles acompañados polo SPJ Group.
A Barrié celebra os XV anos do Ciclo de Jazz percorrendo a historia deste xénero
Xénero:
| 24 / 3 / 2010Cando o jazz era practicamente un descoñecido no noso país, a Fundación Barrié apostou por crear un ciclo para dalo a coñecer e fomentar unha programación estable. Quince anos despois, e cun panorama ben diferente con seminarios, locais específicos e músicos galegos de recoñecido prestixio, a Fundación Barrié celebra a súa aposta cunha programación especial. Con motivo da celebración, a Barrié organizará dez concertos cos que convida a percorrer a historia do jazz nas súas catro grandes épocas. Ademais, como novidade, Santiago e Ferrol incorpóranse ao ciclo que se desenvolve na Coruña e Vigo. A cita co jazz terá lugar entre o 10 de abril e o 28 de maio.
Músicos da provincia lucense presentan a big band Murajazz
Xénero:
| 24 / 3 / 2010Unha vintena de profesores e alumnos de distintos centros de formación musical de toda a provincia de Lugo conforman Murajazz. Trátase dunha orquestra de jazz que pretende potenciar este xénero na provincia e se presentará formalmente o venres cun concerto no auditorio do Centro de Interpretación das Insuas en Rábade. O grupo conta cun repertorio do jazz dos anos 40 e 50, aínda que tamén contará cun oco para a bossa nova e os sons latinos. Os integrantes de Murajzz impulsaron tamén a creación da asociación Sons do Miño, coa que queren achegar este xénero musical ao máis cativos, para crear unha canteira de músicos de jazz.
Cultura recupera o proxecto Rosalía 21 para o aniversario da poeta
Xénero:
| 16 / 2 / 2010O vindeiro 24 de febreiro cúmprense 173 anos do nacemento de Rosalía de Castro. Para o conmemorar, a Dirección Xeral de Promoción e Difusión da Cultura organizou, ás 20 horas, un concerto no Salón de Teatro de Compostela co título Homenaxe a Rosalía. O evento contará coa presenza do Abe Rábade Quartet, Anxo Angueira, Guadi Galego e a participación especial de Uxía Senlle, que interpretarán os temas do disco Rosalía 21, editado por Falcatruada, e que recupera en clave de jazz textos clásicos desta autora. A obra xurdiu como un proxecto multimedia que fixo parte da representación galega na Feira do Libro da Habana en 2008.
REPORTAXE
Unha escola de improvisación
Data.O Seminario Permanente de Jazz de Pontevedra tira o seu cuarto disco e consolídase como centro de formación neste estilo musical