Ti estás aquí > Inicio / / Chega a sexta edición do Imaxina Sons, o festival de jazz de Vigo
Chega a sexta edición do Imaxina Sons, o festival de jazz de Vigo
abril 29, 2010
Comezou timidamente, cunha proposta rompedora no eido de jazz ao programar os sons que se facían desde Europa. Co tempo foi incorporando incursións nos jazz prducido desde Latinoamérica ou Norteamérica. E nesa senda segue na súa sexta edición que se presentou hoxe en Vigo. As novidades non veñen na súa concepción (músicos de renome e auténtico luxo neste xénero músical) senón na súa xestión: pódense mercar abonos da programación completa e incorpórase o auditorio municipal aos espazos de concertos. O encontro, organizado polo concello de Vigo, comeza o vindeiro 5 de marzo e contará con figuras tan relevantes como Martial Solal, Dave Douglas, Louis Sclavis e a proposta galego-americana Atlantic Bridge.
Tamén che pode interesar:
- 2/ 6/ 2015 | A presenza galega marca o XI ImaxinaSons
- 22/ 1/ 2014 | Sons´14 achegará 13 concertos na primeira metade do ano
- 1/ 7/ 2013 | Baldo Martínez estrea nova formación no Imaxina Sons
- 21/ 6/ 2013 | O Festival de Jazz de Pontevedra, o Imaxina Sons e o Resurrection Fest fechan carteis
- 31/ 10/ 2012 | Ribadeo acolle o seu primeiro festival de jazz