Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / / Balea´s Blues Quintet protagoniza a XIII Canjazz, o referente musical do verán cangués

PONTEDEUME ACOLLE DESDE HOXE UNHA NOVA EDICIóN DO FESTIVAL DE JAZZ VOL.5

Balea´s Blues Quintet protagoniza a XIII Canjazz, o referente musical do verán cangués

JAZZ/BLUES | agosto 19, 2010

imaxe non dispoñible

Sen a participación económica da Xunta pero co apoio total do Concello de Cangas e Caixanova, esta localidade pontevedresa acollerá desde o vindeiro martes 24 a décimo terceira edición do seu festival de jazz. Greg Ruggiero, Balea´s Blues Quintet e o batería Marc Ayza son os principais reclamos do cartel que achega artistas que están a trunfar en Nova Yok, xunto con artistas locais. Ademais, a organización ten previsto gravar un disco conxunto entre todos os participantes que leva o nome de Canjazz Collective. Pero antes, os amantes do jazz terán outra cita en Pontedeume que acolle desde hoxe unha nova edición do festival Vol.5 que durará ata o vindeiro sábado.

Ligazóns