Ti estás aquí > Inicio / / Arrinca o 14 Festival de Jazz de Ourense
Arrinca o 14 Festival de Jazz de Ourense
maio 4, 2010
Ten 85 anos, máis de seis décadas de experiencia no mundo do jazz e, en moitas revistas especializadas din del que é “o batería con mellor currículo do mundo”. Roy Haynes é o encargado de abrir a décimocuarta edición do Festival de Jazz Primavera de Ourense que arrinca hoxe en Ourense. Seis concertos, cinco no Café Latino e un na Praza de Santa Eufemia, conforman a programación deste encontro que se desenvolve do 4 ao 28 de maio e contará con Dena de Rose Trio e Scott Hamilton, Nicholas Payton Quintento e Benny Golson e Cedar Walton Cuarteto.
Tamén che pode interesar:
- 2/ 5/ 2013 | O XVII Festival de Primavera achega a Ourense dez bandas de Jazz
- 6/ 5/ 2009 | Jazz para escolares no programa do XIII Festival de Jazz de Primavera de Ourense
- 26/ 8/ 2008 | Arrinca o festival de jazz de Cangas
- 6/ 5/ 2008 | Michel Camilo e Eddi Palmieri son os principais reclamos do Festival de jazz de Ourense
- 11/ 7/ 2003 | Dianne Rivees é o principal reclamo do XI Festival de Jazz de Pontevedra