Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / Sae a nova gravación do Seminario Permanente de Jazz de Pontevedra

É O QUINTO VOLUME DESTAS GRAVACIóNS EN DIRECTO NO TEATRO PRINCIPAL

Sae a nova gravación do Seminario Permanente de Jazz de Pontevedra

JAZZ/BLUES | abril 19, 2010

not_16708.jpg

O Seminario Permanente de Jazz de Pontevedra ven de presentar o seu novo traballo discográfico que fai o quinto volume das súas gravacións. Jazz Live! No Principal Vol.V (Free Code Jazzrecords) recolle oito temas gravados ao vivo que foron escollidos dentro das tres actuacións do ciclo Jazz no Principal 2009 nas que participaron como artistas convidados o batería catalán Marc Ayza, o contrabaixista arxentino Demian Cabaud e o saxofonista cubano Román Filiú, todos eles acompañados polo SPJ Group.

datos do disco