Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / Azos Jazz achegará ao público sons vencellados a Galicia

ÁLVARO VIEITO ABRE ESTA COLECCIóN DO SELO FALCATRUADA

Azos Jazz achegará ao público sons vencellados a Galicia

JAZZ/BLUES | abril 20, 2010

not_16717.jpg

Unha serie de discos dedicados ao jazz vencellado, dun ou doutro xeito a Galicia e a servir como plataforma dos talentos emerxentes. Esta é a proposta que fai o selo Falcatruada con Azos Jazz, unha colección que se presenta hoxe mesmo con Introducing Álvaro Vieito, o primeiro álbum deste guitarrista e compositor do Porriño con oito temas propios e acompañado polo saxo de Masahiro Yamamoto, Ross Gallagher ao baixo, Max Gómez á batería e a colaboración de Abe Rábade.

Segundo explica Abe Rábade, coordinador do proxecto, a intención é publicar dous discos por ano, sen se cinguir a estilos ou tendencias concretas. Os interesados en coñecer este primeiro proxecto, teñen mañá o vindeiro martes 20 de abril unha cita no Salón Teatro de Compostela, onde o grupo actuará no ciclo ST Música presente. A obra poderá adquirirse a partir do vindeiro 27 de abril en tendas virtuais e mais en establecementos especializados grazas á distribución de Karonte. Para antes do verán está previsto o lanzamento da segunda entrega desta colección, un disco que recolle o directo do Bill Goodwin Quartet no Parque de Bonaval durante o pasado Festival dos Abrazos e que se presentará con cinco concertos no Lincoln Center de Nova York.

AUDIO | 30 SEGUNDOS
Nexium
AUDIO | 30 SEGUNDOS
Seung Yeon
AUDIO | 30 SEGUNDOS
O Mesmo Sonho
AUDIO
Abe Rábade explica o proxecto de Azos Jazz
datos do disco