Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / O fillo de Clint Eastwood, un dos reclamos do XV Festival de Jazz de Ourense

ENTRE AS NOVIDADES DESTACA UNHA MASTER CLASS SOBRE JAZZ FLAMENCO NO CONSERVATORIO PROFESIONAL

O fillo de Clint Eastwood, un dos reclamos do XV Festival de Jazz de Ourense

JAZZ/BLUES | maio 3, 2011

imaxe non dispoñible

Mañá arrinca en Ourense unha nova edición dunha das súas citas habituais, o Festival de Jazz Primavera. Un encontro que cumpre quince anos e que conta coa presenza do guitarrista norteamericano AL Di Meola (é a súa terceira visita a Ourense) e o Kyle Eastwood, fillo do coñecido director e actor de cine. De feito Kyle é o compositor das bandas sonoras das últimas películas do seu pai. A programación deste ano, que se estende ata o 20 de maio, abranguerá diferentes modalidades como o jazz flamenco. Precisamente entre as novidades está prevista unha máster class sobre este estilo, que impatirá Jorge Pardo, coñecido por acompañar a Paco de Lucía por todo o mundo. O festival tamén contará con jazz galego, que participará o grupo Abuña Jazz.