Avishai Cohen deu comezo ao Imaxina Sons
xuño 17, 2011
O contrabaixista Avishai Cohen daba onte comezo á sétima edición do festival de jazz de Vigo, Imaxina Sons. Ata o vindeiro 25 de xuño continúa a programación deste evento, que contará coa presenza de figuras como Nils Petter Molvaer, Sidsel Endresen, Neil Cowley e John Taylor. Malia a que o orzamento do festival descendeu este ano un 30%, o seu director, Nani García, salienta o nivel acadado nesta xeira e apunta que o evento se abre a novas latitudes. En canto a músicos galegos, cóntase coa presenza de Xan Campos e Pablo Seoane.
Tamén che pode interesar:
- 1/ 7/ 2013 | Baldo Martínez estrea nova formación no Imaxina Sons
- 13/ 3/ 2013 | Ron Carter inaugura o ciclo 1906 de jazz
- 13/ 6/ 2012 | O Imaxina Sons volta a Vigo
- 4/ 6/ 2009 | A Cidade de Vigo vólcase co Imaxina Sons, o festival de Jazz
- 5/ 5/ 2009 | O Imaxina Sons cumpre cinco anos achegando o jazz ao público vigués