Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / / Nani García substitúe a Baldo Martínez á fronte do Imaxina Sons

O CERTAME VOLVERá AS RúAS DE VIGO A FINAIS DE XUñO DE 2011

Nani García substitúe a Baldo Martínez á fronte do Imaxina Sons

JAZZ/BLUES | decembro 17, 2010

imaxe non dispoñible

O Imaxina Sons, o festival dedicado ao jazz que acumula seis edicións en Vigo, ten novo director artístico. Nani García substitúe a Baldo Martínez, director e alma máter deste encontro desde o seu nacemento. Nani non é un estrano para o encontro onde xa participou como director do “Imaxina Jazz Orquestra” nunha homenaxe a Antonio Cal, saxofonista xa desaparecido que formou parte de Clunia ( grupo pioneiro deste estilo musical en Galicia e no que tamén estiveron tanto Baldo Martínez como Nani García). A vindeira edición, que desenvolverá entre finais de xuño e principios de xullo, estreará un novo modelo organizativo, no que Nani García coordinará a unha mesa de asesores que fará achegas ao deseño do festival. O Imaxina Sons está consolidado como unha cita de referencia ao redor do jazz europeo e cunha especial atención ao jazz feito en Galicia.

Ligazóns