Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / Moondogs Blues Party presenta o seu segundo disco

THIRTY ROADS ACHéGASE AO SON MáIS SUREñO DO BLUES

Moondogs Blues Party presenta o seu segundo disco

JAZZ/BLUES | xuño 8, 2011

not_19072.jpg

Da man do selo vasco Gaztelupeko Hotsak chega ás tendas Thirty Roads, o segundo disco da banda galega Moondogs Blues Party. Cunha aposta polo blues máis achegado ao son do sur dos Estados Unidos, a banda que lidera Javier Prado presenta dez novos temas que se moven polo imaxinario das estradas, falando sobre o amor, a frustración ou o pasado. O disco conta con colaboracións como a de Víctor Aneiros e foi gravado nos estudios Abrigueiro. Logo do debut o pasado sábado 4 na sala LeClub da Coruña, a banda continúa a xira de presentación continúa polo Roi Xordo, de Allariz, o vindeiro 23 de xullo. Na actualidade o grupo prepara o videoclip do tema The devil is on the roof, que dirixe Cristina Becerra

MULTIMEDIA
Gravación de Thirty Roads nos Estudios Abrigueiro

Moondogs Blues Party - Thirty Roads (making off Abrigueiro recording studios) from Moondogs Blues Party on Vimeo.

datos do disco