Ti estás aquí > Inicio / Xéneros / Jazz/Blues
Música Jazz/Blues
O 32 Festival de Jazz de Lugo trae a grandes figuras internacionais
Xénero:
| 25 / 10 / 2022Do 4 ao 20 de novembro terá lugar a 32ª edición do Festival de Jazz de Lugo, un dos principais e máis lonxevos fitos culturais da cidade, organizado pola asociación EscobiJazz. A edición deste ano contará con 26 concertos dando cabida, tanto a estrelas do xénero e grandes figuras internacionais como a novos valores do mundo do Jazz e a representantes do mellor jazz estatal e galego. Os concertos celebraranse no Círculo das Artes (Escenario 1906), Casa do Saber da USC e o Club Clavicémbalo.
Abe Rábade homenaxea á flora galega en 'Botánica'
Xénero:
| 22 / 9 / 2022O novo de Abe Rábade é un traballo imbricado tanto na terra que esta dedicado á vexetación autóctona de Galicia conformando un campo de visión aberto ao mundo que funde o rural co urbano. O pianista e compositor compostelán ven de sacar á rúa 'Botánica' ( Karonte Reords), o seu décimo quinto disco, e fará a súa presentación en concerto este sábado no marco do festival Maré, no Teatro principal de Santiago en horario matinal (12:00 horas).
Jazz de Ría dá comezo a outra edición na que se distribúe entre dúas rías
Xénero:
| 10 / 8 / 2022Do xoves 11 ao sábado 14 de agosto, o festival Jazz de Ría ofrecerá en Cederia, Narón e Neda unha programación que se achega ás marxes do jazz a través de propostas que xogan con outros estilos como o soul das Sey Sisters, o flamenco de Los Aurora ou as músicas populares d’A Brigada Bravo&Díaz. Como en cada edición, a programación está deseñada para cada localización concreta, polo que a integración no territorio é total. A participación da veciñanza e a recuperación da memoria son tamén parte da filosofía do Jazz de Ría.
O festival Vilablues chega a un novo porto
Xénero:
| 3 / 8 / 2022O Vilablues é unha cita clásica da axenda estival galega coa mellor música blues e soul. O festival, iniciado fai anos en Vilagarcía onde tivo praza durante varias edicións, celebrouse os pasados dous anos en Noia cun considerable éxito e ambiciosos carteis artísticos. Agora o evento recala nun novo porto das nosas costas coma se dun barco se tratase e pasa das Rías baixas ás altas, concretamente a ese bulideiro actual que é Ferrol. Enmarcado nos concertos do xacobeo 2021-2022 o Vilablues terá lugar esta semana na contorna do peirao local buscando a súa consolidación e amarre fixo na vila ferrolá. Os promotores, Gumersindo Meijón e Maximino López, presentaron esta edición na que o cartel mantén algúns nomes ilustres da escena internacional que pasaron e deixaron selo noutras edicións do festival.
Volven os máis emblemáticos festivais de jazz urbanos
Xénero:
| 16 / 6 / 2022A parella feita polo jazz e o verán volve ás cidades coa recuperación de destacadas citas de axenda que levan moitos anos servindo de escaparate e conexión deste xénero e os seus artistas locais e internacionais co público. Dúas citas urbanas consolidadas recobran este a no a presencia estival. É o caso do Festival Internacional de Jazz e Blues de Pontevedra e do Festival Internacional +QJazz da Coruña. Durante o mes de xullo estes eventos retomarán a súa oferta traendo a Galicia a figuras de primeiro nivel. A permanencia e volta de outras citas urbanas habituais deste xénero, como o caso do Festival de Jazz de Vigo que substituíu ao ImaxinaSons en 2018, está aínda por coñecerse. En varias pequenas localidades sí haberá de novo estes eventos.
Das minas tamén sae arte
Xénero:
| 12 / 5 / 2022A mina Consuelo de A Pontenova (Lugo) está a vivir unha segunda vida como recurso patrimonial turístico e cultural da zona, tras do seu pasado industrial, hoxe abandonado. Os vindeiros 11 e 12 de xuño comezará, como proba piloto, un ciclo de intervencións artísticas deseñadas especialmente para o contexto da Mina Consuelo e integradas na ruta de sendeirismo coñecida como "Ruta dos Fornos". Eses dous días terá lugar dentro dunha actividade máis ampla que reúne sendeirismo, espeleoloxía e degustacións, a actuación musical en directo de Mónica de Nut. O ciclo, supón integrar estas intervencións nun percorrido guiado por este entorno no que os visitantes terán que enfundarse os cascos para acceder á mina abandonada que é a segunda maior paraxe espeleolóxica de Galicia tras Rei Cintolo, segundo estudos recentes. A experiencia terá unha duración de dúas horas e media e incluirá unha parte do percorrido pola 'Ruta dos fornos', a visita ás minas, a actuación da artista (40 minutos) e unha degustación de viños e produtos da zona. Esta é a primeira actividade programada deste ciclo artístico comisariado por Natalia Balseiro para a empresa Xesteco Creativa.
O VIº Jazz de Ría chega ata Cedeira
Xénero:
| 27 / 4 / 2022Será de novo en agosto, do xoves 11 ao domingo 14, cando chegará unha VIª edición desta cita co jazz xa consolidada. Ademais das actuacións previstas nos concellos de Neda e Naron o evento exténdese pola costa Ártabra chegando nesta ocasión ata o concello de Cedeira. O festival ofrecerá unha programación que se achega ás marxes do jazz a través de propostas que xogan con outros estilos como o soul, o flamenco ou as músicas populares.
Os festivais de jazz premian a Sumrrá
Xénero:
| 15 / 3 / 2022A Asociación de Festivais de Jazz Plataforma Jazz España ven de presentarse en sociedade facendo públicos os seus dous primeiros artistas recoñecidos cos Premios Jazz España. A formación galega Sumrrá recolleu o premio a Mellor Proxecto Consolidado do Catálogo Jazz España, no que entran a votación entre os asociados as formacións que participaron das programacións do ano anterior. Así, Sumrrá foi o primeiro proxecto consolidado máis recoñecido polos programadores, compartindo protagonismo co trío da artista catalá Lucía Fumero, como Mellor proxecto emerxente. Os Premios Jazz España consisten nunha xira de concertos polos festivais asociados. Xacobe Martínez Antelo acudiu por Sumrrá ao acto de entrega dos galardóns e presentación do proxecto da asociación na sede da Fundación SGAE en Madrid.
O terceiro álbum da Orquestra Galega de Liberación mira alén do Miño
Xénero:
| 10 / 3 / 2022A Orquestra Galega de Liberación suma un novo rexistro ao seu prolífico percorrido como emblema do jazz improvisado. 'Meets Portugal' é o terceiro disco presentado pola OGL en pouco máis dun ano. Como os anteriores foi gravado ao vivo, neste caso recollendo a actuación íntegra feita en Tui o 9 de setembro durante a apertura do encontro MUMI 2021, reunindo músicos galegos e portugueses. Toda a música deste concerto foi improvisada no acto e composta en tempo real mediante técnicas de improvisación dirixida. Ningún material fora acordado, aprendido ou composto previamente segundo indica a propia OGL. Dezasete músico participan desta gravación, seis deles lusos, feita xustamente na apertura dese evento que representa o encontros entre as escenas portuguesa e galega nas beiras do Miño. Seis temas cuxas execucións supoñen un total de 54 minutos conforman este terceiro traballo desta formación de música que reúne artistas e intérpretes dos distintos ámbitos do mundo clásico, o jazz, a música de vangarda e a performance. 'Meets Portugal' segue ao seu primeiro disco, 'Orquestra galega de Liberación' (2021) co que se recolleu o seu primeiro concerto e a 'Na Loita' (2021) que foi gravado ao vivo no Festival Jazz de Ría de Narón en agosto do pasado ano. O disco está dispoñible en todas as plataformas dixitais, incluíndo You Tube.
Segundo disco da Orquesta Galega de Liberación
Xénero:
| 10 / 12 / 2021A Orquestra Galega de Liberación, a formación de jazz improvisado na que participan ata dezaseis artistas destacados da escena musical galega baixo a dirección de Xacobe Martínez Antelo, ven de presentar o que é o seu segundo traballo discográfico tras o inaugural 'Orquestra Galega de Liberación' publicado a primeiros deste mesmo 2021. 'Na Loita' é o título deste traballo que foi gravado ao vivo e composto a tempo real no concerto dado pola formación durante o pasado Festival Jazz de Ría en Narón este verán. A OGL está conformada neste álbum por Max Gómez (batería); LAR Legido (batería); Javier Pereiro (trompeta); Olivier Cano (saxo alto); Xosé Miguélez (saxo tenor); Diego Alonso (saxo tenor); Rosolino Marinello (clarinete baixo); Rubén Fernández (voz); Sheila Patricia (voz); Antonio Bravo (guitarra); Manuel Cebrián (guitarra); Elena Vázquez (violín); María José Pámpano (viola); Macarena Montesinos (violoncello); Saúl Puga (contrabaixo) e a dirección de Xacobe Martínez Antelo. Con sete temas que ofrecen algo máis dunha hora de música 'Na Loita' está xa dispoñible en todas as plataformas dixitais.
REPORTAXE
Unha escola de improvisación
Data.O Seminario Permanente de Jazz de Pontevedra tira o seu cuarto disco e consolídase como centro de formación neste estilo musical