Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Jazz de Ría dá comezo a outra edición na que se distribúe entre dúas rías

NARóN, NEDA E CEDEIRA ACOLLERáN O PROGRAMA DESTE ANO

Jazz de Ría dá comezo a outra edición na que se distribúe entre dúas rías

JAZZ/BLUES | agosto 10, 2022

imaxe non dispoñible

Do xoves 11 ao sábado 14 de agosto, o festival Jazz de Ría ofrecerá en Cederia, Narón e Neda unha programación que se achega ás marxes do jazz a través de propostas que xogan con outros estilos como o soul das Sey Sisters, o flamenco de Los Aurora ou as músicas populares d’A Brigada Bravo&Díaz. Como en cada edición, a programación está deseñada para cada localización concreta, polo que a integración no territorio é total. A participación da veciñanza e a recuperación da memoria son tamén parte da filosofía do Jazz de Ría.

Todas as actividades son abertas, gratuítas e accesíbeis. O roteiro ornitolóxico polo Río Belelle, organizado pola Sociedade Galega de Historia Natural o domingo dentro da primeira parte da actividade ORNITHOLOGY tivo unhae excelente acollida e xa están agotadas todas as prazas. Xusto a continuación da ruta, na Área Recreativa de Maciñeira, está prevista a actuación de Pablo Castaño & Celso F. Sanmartín substituíndo a Quico Cadaval que por motivos de forza maior non poderá estar. Neste caso, o aforo é ilimitado e o acceso é libre, polo que non é preciso reservar.

Ligazóns