Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / O 32 Festival de Jazz de Lugo trae a grandes figuras internacionais

ATA 26 CONCERTOS OFRECERá O PROGRAMA DESTA EDICIóN COMEZANDO O VINDEIRO 4 DE NOVEMBRO

O 32 Festival de Jazz de Lugo trae a grandes figuras internacionais

JAZZ/BLUES | outubro 25, 2022

imaxe non dispoñible

Do 4 ao 20 de novembro terá lugar a 32ª edición do Festival de Jazz de Lugo, un dos principais e máis lonxevos fitos culturais da cidade, organizado pola asociación EscobiJazz. A edición deste ano contará con 26 concertos dando cabida, tanto a estrelas do xénero e grandes figuras internacionais como a novos valores do mundo do Jazz e a representantes do mellor jazz estatal e galego. Os concertos celebraranse no Círculo das Artes (Escenario 1906), Casa do Saber da USC e o Club Clavicémbalo.

Entre o programa de artistas internacional, destacan, entre outros moitos artistas da escena estadounidense ou europea, o dúas veces gañador de premios Grammy, Kurt Elling; a veterana cantante Sheila Jordan (Detroit, 1928); a artista nomeada para os Grammy, Cyrille Aimée; o saxofonista e compositor Immanuel Wilkins, de apenas vinte e catro anos, unha das estrelas máis mediáticas do selo Blue Note e autor do "mellor álbum de jazz" do 2020, segundo The New York Times.; tamén pasará por Lugo o guitarrista de Nova Orleáns Luke Winslow-King. Ademais tamén estarán os galego Valentín Caamaño Quartet, entre outros.