Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Mallou gañan o XIV Premio Narf de música

O XURADO DECANTOUSE POLA PROPOSTA DO DúO QUEDANDO NOAR E MADALENA GAMALHO COMO SEGUNDOS E TERCEIRA NA FINAL

Mallou gañan o XIV Premio Narf de música

JAZZ/BLUES | decembro 12, 2022

imaxe non dispoñible

O dúo Mallou, conformado por Sabela Rey e Benxamín Vázquez, acadaron o favor do xurado do XIV Concurso Fran Pérez "Narf" para grupos e artistas musicais que promove a Deputación da Coruña. A gala da final, celebrada no Teatro Colón da Coruña servíu para tomar a decisión entre as propostas que chegaron a ela entre máis das trinta propostas recibidas, o grupo Noar rematou segundo e Madalena Gamalho terceira.

Sobre a proposta musical de Mallou o xurado destacou "a contemporaneidade dos sons de raíz e as influencias narfianas". Segundo o comunicado do premio, "xuntos fan unha viaxe conxunta e individual dende músicas lonxanas, dende as linguaxes da música americana de raíz: country, blues e soul ata a música galega". Sabela e Benxamín, músicos coñecidos por estar noutras formacións do eido do blues e o rhythm'blues coma The Lakazáns, "achegan un repertorio onde entrelazan cancións que forman parte do ideario musical galego con creacións e composicións propias, cunha profunda inspiración na maneira de crear de referentes como Fran Pérez, Narf; sentindo a música como elemento de encontro entre xéneros, estilos e realidades". O evento puido seguirse en directo a través da canle de Youtube de Cultura da Deputación da Coruña. O Concurso Fran Pérez "Narf" de música ten o obxectivo de difundir, apoiar e promocionar os grupos e artistas musicais das diferentes comarcas e localidades galegas, así como lembrar e difundir socialmente a figura e a obra do músico e compositor Fran Pérez "Narf". Os premios en metálico son de 4.000 euros para o proxecto gañador, 2.000 para o segundo e un terceiro premio de 1.500 euros.

Ligazóns