Os festivais de jazz premian a Sumrrá
marzo 15, 2022
A Asociación de Festivais de Jazz Plataforma Jazz España ven de presentarse en sociedade facendo públicos os seus dous primeiros artistas recoñecidos cos Premios Jazz España. A formación galega Sumrrá recolleu o premio a Mellor Proxecto Consolidado do Catálogo Jazz España, no que entran a votación entre os asociados as formacións que participaron das programacións do ano anterior. Así, Sumrrá foi o primeiro proxecto consolidado máis recoñecido polos programadores, compartindo protagonismo co trío da artista catalá Lucía Fumero, como Mellor proxecto emerxente. Os Premios Jazz España consisten nunha xira de concertos polos festivais asociados. Xacobe Martínez Antelo acudiu por Sumrrá ao acto de entrega dos galardóns e presentación do proxecto da asociación na sede da Fundación SGAE en Madrid.
Tamén che pode interesar:
- 5/ 1/ 2016 | A crítica internacional louva o último traballo de Sumrrá
- 9/ 3/ 2012 | Sumrrá celebra o seu aniversario cunha xira
- 3/ 2/ 2010 | Sumrrá xa está a mover o seu cuarto disco polos escenarios
- 29/ 6/ 2007 | Sumrrá gravará tres noites de directo na Sala NASA para o seu vindeiro disco
- 27/ 12/ 2006 | O quinteto de Xacobe Martínez Antelo presenta o seu primeiro disco