Volven os máis emblemáticos festivais de jazz urbanos
xuño 16, 2022
A parella feita polo jazz e o verán volve ás cidades coa recuperación de destacadas citas de axenda que levan moitos anos servindo de escaparate e conexión deste xénero e os seus artistas locais e internacionais co público. Dúas citas urbanas consolidadas recobran este a no a presencia estival. É o caso do Festival Internacional de Jazz e Blues de Pontevedra e do Festival Internacional +QJazz da Coruña. Durante o mes de xullo estes eventos retomarán a súa oferta traendo a Galicia a figuras de primeiro nivel. A permanencia e volta de outras citas urbanas habituais deste xénero, como o caso do Festival de Jazz de Vigo que substituíu ao ImaxinaSons en 2018, está aínda por coñecerse. En varias pequenas localidades sí haberá de novo estes eventos.
No caso coruñés esta será a oitava edición do Festival Internacional +QJazz, organizado polo Garufa Club, un referente da cidade. O festival regresa ás salas coruñesas cunha edición máis ambiciosa, pero co mesmo espírito de manter unha calidade artística de alto nivel. O ciclo albergará a grandes figuras do panorama jazzístico internacional, nacional e galego nunha sucesión de concertos que comezarán coa actuación estelar de Mike Stern Band o 4 de xullo no Teatro Colón y pechará no mesmo escenario, o 10 de xullo con Pepe Rivero. No medio pasarán polas salas coruñesas a Nick Moss Band, Cast, Gisele Kackson e a Garufa Blue Devils Bigband. Pola súa banda a cidade do Lérez recupera, aínda que o formato xea curto (entre os días 20 e 24 de xullo) a súa presenza na que será a vixésima novena edición, e farao no seu espazo emblemático, a Praza da Ferrería de Pontevedra. O cartel está aínda por coñecerse.