Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Das minas tamén sae arte

MóNICA DE NUT ABRIRá UN NOVO CICLO DE INTERVENCIóNS ARTíSTICAS NA MINA DE PONTENOVA

Das minas tamén sae arte

JAZZ/BLUES | maio 12, 2022

imaxe non dispoñible

A mina Consuelo de A Pontenova (Lugo) está a vivir unha segunda vida como recurso patrimonial turístico e cultural da zona, tras do seu pasado industrial, hoxe abandonado. Os vindeiros 11 e 12 de xuño comezará, como proba piloto, un ciclo de intervencións artísticas deseñadas especialmente para o contexto da Mina Consuelo e integradas na ruta de sendeirismo coñecida como "Ruta dos Fornos". Eses dous días terá lugar dentro dunha actividade máis ampla que reúne sendeirismo, espeleoloxía e degustacións, a actuación musical en directo de Mónica de Nut. O ciclo, supón integrar estas intervencións nun percorrido guiado por este entorno no que os visitantes terán que enfundarse os cascos para acceder á mina abandonada que é a segunda maior paraxe espeleolóxica de Galicia tras Rei Cintolo, segundo estudos recentes. A experiencia terá unha duración de dúas horas e media e incluirá unha parte do percorrido pola 'Ruta dos fornos', a visita ás minas, a actuación da artista (40 minutos) e unha degustación de viños e produtos da zona. Esta é a primeira actividade programada deste ciclo artístico comisariado por Natalia Balseiro para a empresa Xesteco Creativa.

Ligazóns