TERTULIAS / 23
2006-10-26. Duración 65 minutos
Marilar Aleixandre
A Sección de Literatura e Industrias da Edición do Consello da Cultura Galega presenta o encontro coa escritora Marilar Aleixandre (Madrid, 1947). A tertulia tivo lugar o xoves 26 de outubro na Biblioteca do CCG.
2006-09-28. Duración 62 minutos
O escribir ten cancelas: as fronteiras da narrativa
A Sección de Literatura e Industrias da Edición convocou a tres escritores de diferente traxectoria para analizar a incidencia dos xéneros narrativos na creación de obras literarias. Xosé Miranda, Diego Ameixeiras e Ramón Caride achegaron as súas reflexións e experiencias sobre literatura.
2006-05-30. Duración 70 minutos
A banda deseñada no universo das letras
A Sección de Literatura e Industrias da Edición do Consello da Cultura Galega organiza esta tertulia sobre banda deseñada. Tres especialistas falan das singularidades da banda deseñada actual e a súa posición no sistema literario. Henrique Torreiro, organizador das Xornadas de Ourense; Kiko Da Silva, autor e promotor da revista “BD Banda”; Kike Benlloch, escritor, guionista de banda deseñada e membro do colectivo Polaqia.
2006-04-27. Duración 68 minutos
Tomándolle a medida ás letras miúdas
A Sección de Literatura e Industrias da Edición do Consello da Cultura Galega presenta a súa tertulia mensual celebrada o xoves 27 de abril na Biblioteca do CCG. O escritor Xavier P. Docampo, a crítica e tradutora Silvia Gaspar e o autor de teatro infantil e membro de Gálix, Carlos Labraña conversaron, xunto cos asistentes, sobre as particularidades da literatura infantil e xuvenil.
2006-03-30. Duración 59 minutos
As caras do libro
A tertulia mensual da Sección de Literatura e Industrias da Edición do Consello da Cultura Galega presenta a reflexión arredor do deseño dos libros invitando a tres contrastados deseñadores. Xose Díaz Arias de Castro, Manuel Janeiro Casal e Uqui Permui participan nesta tertulia conducidad por Víctor F. Freixanes.
2006-02-23. Duración 70 minutos
Ensinar literatura
A Sección de Literatura e Industrias da Edición do Consello da Cultura Galega presenta esta tertulia dentro do ciclo de encontros mensuais. Participan Xosé Manuel García Trigo, Xosé Antonio Ponte Far e María Xesús Fernández. Modera Dolores Vilavadra.
2006-01-27. Duración 66 minutos
Xornalismo literario
Tertulia organizada pola Sección de Literatura e Industrias da Edición do Consello da Cultura Galega. A mesa fórmase arredor de Helena Villar, Alfredo Conde, Xosé Manuel Pereiro e, como moderador, Xosé López.
2005-12-22. Duración 69 minutos
Os premios literarios
A Sección de Literatura e Industrias da Edición do Consello da Cultura Galega organizou o mércores 21 de decembro de 2005 a súa Tertulia mensual arredor do tema “Os premios literarios” coa participación como invitados principais de Teresa Moure, Belén Fortes e Camilo Franco e con Manuel Bragado como moderador.
2005-12-02. Duración minutos
Escribir para o audiovisual
A Sección de Literatura e Industrias da Edición do Consello da Cultura Galega organizou unha tertulia aberta que explora as relacións entre a literatura e a narración audiovisual e na que participarón Ángel de la Cruz, Roque Cameselle e Gustavo Pernas.
2005-10-28. Duración 60 minutos
Os tempos de Álvaro Cunqueiro
Mesa redonda inserida no ciclo de conferencias que acompaña á exposición "50 anos con Merlín e familia". Xosé Luís Franco Grande e Henrique Monteagudo contextualizan o momento no que apareceu a obra de Cunqueiro e disertan sobre a súa persoa así como de outros dos protagonistas desa época.
2005-05-27. Duración 75 minutos
A crítica literaria nos medios de comunicación
A Sección de Literatura e Industrias da Edición do CCG celebrou o xoves, 26 de maio ás 17 horas, a súa tertulia mensual arredor do tema da crítica literaria nos medios de comunicación.
2005-04-27. Duración 62 minutos
Literatura e exilio
Tertulia da Sección de Literatura e Industrias da edición do Consello da Cultura Galega. O escritor e xornalista Tucho Calvo, membro da sección, presenta esta tertulia que baixo o título "Literatura e exilio" reúne como invitados principais a Marga Romero Lorenzo (Marga do Val), Carlos López Bernárdez, Gregorio Ferreiro Fente e Antón Lopo. A tertulia tivo lugar na Biblioteca do CCG (Pazo de Raxoi 2º andar) o mércores 27 de abril ás 17 horas.
2005-03-31. Duración 65 minutos
Literatura e compromiso
Tertulia aberta baixo o título “Literatura e compromiso” organizada pola Sección de Literatura e Industrias da Edición do Consello da Cultura Galega. O coloquio e debate tivo lugar o xoves 31 de marzo ás 17 horas.
2005-02-24. Duración 61 minutos
Ciberliteratura
A Sección de Literatura e Industrias da Edición do Consello da Cultura Galega organizou unha Tertulia baixo o título “Ciberliteratura”. O coloquio e debate tivo lugar o xoves 24 de febreiro ás 17 horas.
2005-01-17. Duración 62 minutos
A Tradución
A Sección de Literatura e Industrias da edición do Consello da Cultura Galega presenta unha tertulia sobre o tema "A tradución". A tertulia celebrouse o xoves 20 de xaneiro ás 17 horas na biblioteca da sede do Consello no Pazo de Raxoi. Tres convidados especializados no tema vertebran a tertulia coas súas reflexións e valoracións.
2004-12-21. Duración 68 minutos
Animación á lectura
A Sección de Literatura e Industrias da edición do Consello da Cultura Galega presenta unha tertulia sobre o tema "Animación á lectura". A tertulia celebrouse o venres 17 de decembro ás 17 horas na biblioteca da sede do Consello no Pazo de Raxoi. A gravación de unha hora (aprox.) que pode escoitarse a través da rede recolle as primeiras intervencións das invitadas.
0000-00-00. Duración 65 minutos
Conferencia 'Para un destinatario ignorado' de Lídia Jorge
A Sección de Literatura e Industrias da edición do Consello da Cultura Galega presenta a conferencia da escritora portuguesa Lídia Jorge titulada “Para un destinatario ignorado”, seguida dunha tertulia cos asistentes. A gravación tivo lugar o xoves 11 de novembro ás 18 horas na biblioteca da sede do Consello no Pazo de Raxoi.
2004-10-13. Duración 73 minutos
A prosa de ficción portuguesa contemporánea
A Sección de Literatura e Industrias da edición do Consello da Cultura Galega retoma o seu programa de tertulias mensuais coa disertación, e posterior tertulia, co escritor portugués Urbano Tavares. A gravación tivo lugar o xoves 14 de outubro ás 17 horas na biblioteca da sede do Consello no Pazo de Raxoi
0000-00-00. Duración 72 minutos
O libro galego: unha necesidade estratéxica
A Sección de Literatura e Industrias da edición organizou esta tertulia que se gravou, como xa é habitual, na biblioteca da sede do Consello da Cultura Galega no Pazo de Raxoi o xoves 3 de xuño e ás 5 do serán.
0000-00-00. Duración 60 minutos
O significado do Día das Letras Galegas
Tertulia da Sección de Literatura do Consello da Cultura Galega. Gravada o xoves 6 de maio de 2004 na Biblioteca do CCG.
Siguiente >
Último >>