lg3
inicio » lg3 »  tertulias

TERTULIA

26 / 10 / 2006

Marilar Aleixandre

A Sección de Literatura e Industrias da Edición do Consello da Cultura Galega presenta o encontro coa escritora Marilar Aleixandre (Madrid, 1947). A tertulia tivo lugar o xoves 26 de outubro na Biblioteca do CCG.

Isabel Soto, crítica de literatura infantil e xuvenil e membro de Galix, presenta e conduce esta charla coa escritora Marilar Aleixandre na que a escritora e profesora da USC comparte a súa experiencia e contesta a preguntas sobre a súa obra e sobre a literatura en xeral. Aleixandre, que ven de quedar finalista dos Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil coa obra “Rúa carbón” (Xerais, 2005), tan no seu haber un importante palmarés como o Premio da Crítica de Galicia 1995, o Premio Álvaro Cunqueiro1998 e o Premio Xerais en 2001 por “Teoría do caos”. Marilar escribe literatura infantil e xuvenil, narrativa para adultos, poesía e mesmo guións para banda deseñada. Tamén intervén na charla Dolores Vilavedra. O encontro encádrase nas Tertulias mensuais organizadas pola Sección de Literatura e Industrias da Edición do CCG.



A tertulia arrinca automaticamente cando cargas a páxina.Pode tardar un pouquiño antes de comezar.

Autores relacionados
  Marilar Aleixandre

Acerca de Lg3
Que é LG3
Créditos
Correo
culturagalega.org | RSS | Aviso legal | Contacto | O equipo do portal | Licenza de uso | Contactar coa redacción: redaccion@culturagalega.org I T: +34 981 957202 | F: +34 981957205 |
Logo do Consello da Cultura Galega
Consello da Cultura Galega. | http://www.consellodacultura.gal
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 | Fax : 981957205 | e-mail: redaccion@culturagalega.gal