NOVAS | LG3| culturagalega.orgNoticias sobre a literatura galega
../lg3
2024-03-19T09:38:37+01:00Logo culturagalega.org
http://www.culturagalega.org
../imaxes/footer/titulo.giftext/htmlculturagalegaorgRedaccionA RAG celebra o Día da Poesía dialogando con Celso Emilio Ferreiro
http://www.culturagalega.org/noticia.php?soportal=lg3&id=36133
Dez poetas de diferentes idades, que escollen versos de Celso Emilio Ferreiro para conversaren con eles a partir das súas propias creacións, explorando as relacións entre poesía e sociedade. Así será o acto co que a Real Academia Galega conmemorará o Día Mundial da Poesía, o vindeiro 19 de marzo, na Fundación Luís Seoane na Coruña ás 19 horas. Os poetas participantes serán Anxo Angueira, Rosalía Fernández Rial, Ana Romaní, Oriana Méndez, Chus Pato, Ismael Ramos, Alfonso Pexegueiro, Rafa Vilar e Marilar Aleixandre. A proposta escollida pola RAG xustifícase, segundo a coordinadora do evento, María López-Sández, pola conexión "coa tradición da literatura galega e tamén cun momento convulsivo a nivel global, marcado por dilemas éticos, bioéticos e conflitos bélicos nos que semella pertinente preguntarse de novo sobre “a potencia da palabra poética e a súa capacidade para erguerse como protesta e, talvez, aspirar a mudar as cousas". Sández lembrou a importante presenza da poesía social en Galicia, con figuras como Curros Enríquez, Ramón Cabanillas ou o propio Celso Emilio Ferreiro. O acto será transmitido en directo en liña. text/htmlculturagalegaorgRedaccionO Congreso insta ao Goberno central a que ceda a Crónica Troiana a unha institución galega
http://www.culturagalega.org/noticia.php?soportal=lg3&id=36129
O Congreso instou ao Goberno central a que ceda temporalmente o manuscrito da <i>Crónica Troiana</i>, propiedade da Biblioteca Nacional de España, co obxectivo de celebrar o 650 aniversario da súa redacción. A iniciativa foi proposta polo Bloque Nacionalista galego, quen instou a que a obra "sexa cedida a unha institución cultural galega", que a cesión temporal veña acompañada dunha campaña de promoción e difusión e que a obra, con independendencia da titularidade do manuscrito, figure en "depósito permanente nunha institución pública con sede en Galicia". A iniciativa contou co apoio maioritario da Comisión de Cultura, agás o voto en contra do voto de VOX. A Crónica Troiana é a obra literaria medieval en galego máis estensa conservada, e testemuña do interese da aristocracia galega por este ciclo clásico de gran difusión na Europa baixomedieval. Está baseada no <i>Roman de Troie</i> francés e nas referencias da <i>General Estoria</i> de Afonso X e foi redactada por Fernán Martíns, capelán e conselleiro de Fernán Pérez de Andrade, un dos aristócratas máis poderosos da Galicia do século XIV. Para o BNG, a <i>Crónica Troiana</i> e outros manuscritos en galego -todos eles fóra de Galicia- "son a proba viva da historia e da cultura galegas, da importancia e peso que o galego tivo na Idade Media como idioma propio dun dos Reinos con máis peso da época medieval, o Reino da Galiza. Esas obras son propiedade do pobo galego e deberán ser devoltas ao seu lexítimo propietario".text/htmlculturagalegaorgRedaccionPontedeume entra na rede catalá de Vilas del Llibre
http://www.culturagalega.org/noticia.php?soportal=lg3&id=36127
O Concello de Pontedeume será este sábado o escenario dunhas xornadas participativas para definir e concretar co tecido cultural e asociativo eumés como se levará a cabo a primeira edición de 'Pontedeume, Vila do Libro', a entrada do concello coruñés no circuíto literario nacido en Cataluña fai 15 anos e consolidado como unha das programacións destacadas na reivindicación da literatura e da historia dos oficios do libro en seis espazos locais desa comunidade. Pontedeume será a única localidade de fóra de Catalunya adherida a esta rede tras o seu apadriñamento en 2022 por parte da Vila do Libro das Ramblas, que se celebra en Barcelona. text/htmlculturagalegaorgRedaccionA poesía en territorio de conflito protagoniza o VII Alguén que respira!
http://www.culturagalega.org/noticia.php?soportal=lg3&id=36117
A sétima edición do festival Alguén que respira! chega a Santiago a coincidir coa celebración do Día da Poesía. Entre o 21 e o 23 de marzo o programa que organiza o Concello de Santiago co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística encherá as rúas de versos. A "poesía en territorio de conflito, con especial atención ás áreas de enfrontamento bélico, pero tamén as tensións sociais, a das identidades ou as que suceden no corpo" preséntase como eixe desta xeira, segundo sinala a organización. text/htmlculturagalegaorgRedaccionA AELG recoñece a Euloxio R. Ruibal co premio O Escritor na súa Terra
http://www.culturagalega.org/noticia.php?soportal=lg3&id=36110
A Asemblea Xeral da Asociación de Escritoras/es en Lingua Galega acordou este sábado 9 de marzo outorgar o seus premios honoríficos anuais. Euloxio R. Ruibal foi galardoado co XXV premio O Escritor na súa Terra - Letra E, como un xeito de dar visibilidade e recoñecemento a "toda unha vida de entrega á escritura dramática".text/htmlculturagalegaorgRedaccionA Xunta mantén a contía das axudas á edición de audiolibros e libros en lectura fácil
http://www.culturagalega.org/noticia.php?soportal=lg3&id=36103
O Diario Oficial de Galicia recolle este 8 de marzo a convocatoria da segunda xeira das subvencións para a edición de audiolibros e libros en lectura fácil. A liña de axudas mantén a contía de 150.000 euros con que naceron en 2023, malia a que nese ano unicamente se repartiron 24.848,35 euros do orzamento, un 16,5% do total, sen que ningún proxecto obtivese as axudas para o lanzamento de audiolibros.text/htmlculturagalegaorgRedaccionVolta á provincia da Coruña en 52 autoras
http://www.culturagalega.org/noticia.php?soportal=lg3&id=36102
A Deputación da Coruña ven de presentar, con motivo do mes da muller, unha mostra e un mapa virtual interactivo centrado en autoras e creadoras de toda a provincia, baixo o título "A volta á provincia en 52 autoras". A exposición, que inclúe obras de 52 autoras do territorio da provincia, estará dispoñible no vestíbulo da Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña durante os meses de marzo, abril e maio e o mapa que coloca cada autora xeograficamente inclúe unha ligazón para ampliar o coñecemento sobre a autora e a súa obra. Estes produtos baséanse nun traballo feito previamente durante o ano 2023, destacando cada semana unha destas creadoras dalgúns dos concellos da provincia coruñesa. A mostra propón un percorrido por cada un dos municipios dun xeito ameno e reivindicativo a través da obra das autoras, exemplificadas con volumes representativos do fondo bibliotecario. Esta iniciativa nace coa idea de promover e recoñecer ás protagonistas, enmarcada nas actividades da institución provincial con motivo do 8M.text/htmlculturagalegaorgRedaccionPesar na cultura polo falecemento de Alfonso Álvarez Cáccamo
http://www.culturagalega.org/noticia.php?soportal=lg3&id=36085
Logo de varias semanas ingresado, este 4 de marzo falecía en Vigo Alfonso Álvarez Cáccamo aos 71 anos de idade. A súa desaparición foi lamentada por múltiples nomes da cultura, que salientaron o seu compromiso co país e a súa grande calidade literaria e humana. Margarita Ledo, Antón Mascato, Fina Casalderrey, Manuel Bragado ou María Xosé Porteiro foron algunhas das persoas que expresaron as súas condolencias.text/htmlculturagalegaorgRedaccionA editorial Galaxia presenta a súa nova sede virtual +Galaxia
http://www.culturagalega.org/noticia.php?soportal=lg3&id=36078
A editorial Galaxia presentou hoxe cun acto na Cidade da Cultura de Galicia a súa nova ferramenta dixital, a sede virtual da editorial, nomeada como '+Galaxia' , e segundo os seus responsables pretende ser "a de sempre pero máis preto que nunca". No acto, participaron Marcos Calveiro, director de Edicións de Editorial Galaxia; Xosé M. Soutullo, director xeral; Alba Gil, responsable de Innovación; Antón Vidal Andión, presidente do Consello de Administración, e a través de vídeos ou conexións en directos diferentes autoras e autores da casa, como Antón Riveiro Coello, Marilar Aleixandre, Raquel Castro e Xavier Alcalá. Marcos S. Calveiro tirou de estatutos fundacionais para colocar este momento na traxectoria de coherencia da editorial, creada en 1950 e que tiña a universalidade, lingua e cultura como obxectivos. Segundo afirmou Xosé Manuel Soutullo, a sede virtual e plataforma terá un papel relevante na celebración do 75 aniversario da editorial a celebrar o vindeiro ano 2025.text/htmlculturagalegaorgRedaccionA AELG reclama a inclusión da Escrita Creativa na Lei de Ensinanzas Artísticas estatal
http://www.culturagalega.org/noticia.php?soportal=lg3&id=36070
A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) ven de sumarse ás entidades de todas partes do Estado que conforman a Plataforma Calíope na reclamación ante o goberno estatal e o Congreso dos Deputados de que se engada a disciplina de Escrita Creativa na Lei de Ensinanzas Artísticas durante a súa próxima tramitación no Congreso dos Deputados. Após a aprobación polo Consello de Ministros desta lei a Plataforma Calíope, que agrupa boa parte das escolas e obradoiros literarios do Estado, así como ás principais asociacións profesionais de escritoras e escritores, maniféstalle o seu apoio pero esixe que se engada a Escrita Creativa á relación de ensinanzas artísticas recollidas en dita lei, corrixindo unha ausencia actual que, ao seu xuízo a deixaría "inevitabelmente incompleta".