Booktrailer do libro de poemas Un niño no xardín (Eds. Xerais) de Xoán Neira ilustrado por Ánxeles Ferrer. A música orixinal é de Gabriel Prada e a montaxe de Gonzalo Lomba.
Agustín Fernández Paz fálanos da súa novela, "Fantasmas de luz", publicada por Edicións Xerais (en galego) e Anaya (en castelán). Conversa gravada no Café Derby de Santiago. Vídeo: Martin Pawley, ACTO DE PRIMAVERA (http://actodeprimavera.blogaliza.org)
Paseamos con Callón polas rúas de Compostela para coñecermos máis en detalle algunhas das interesantes historias do seu libro Amigos e sodomitas. A configuración da homosexualidade na Idade Media nos mesmos espazos nos que sucederon, hai centos de anos.
Este é o escenario no que se desenvolve Festina Lente, a primeira novela de Marcos S. Calveiro que conta as controversias entre arquitectos e urbanitas na construción da Compostela que percorremos hoxe e que podes ver neste vídeo no que o nos guía o propio autor da novela.