lg3
inicio » lg3 »  tertulias

TERTULIA

28 / 9 / 2006

O escribir ten cancelas: as fronteiras da narrativa

A Sección de Literatura e Industrias da Edición convocou a tres escritores de diferente traxectoria para analizar a incidencia dos xéneros narrativos na creación de obras literarias. Xosé Miranda, Diego Ameixeiras e Ramón Caride achegaron as súas reflexións e experiencias sobre literatura.

A Sección de Literatura e Industrias da Edición do Consello da Cultura Galega organizou o xoves 28 de setembro este encontro dentro do seu programa de Tertulias mensuais na biblioteca da devandita institución. Baixo o título “O escribir ten cancelas: as fronteiras da novela” Víctor F. Freixanes conduce unha tertulia sobre as funcións e disfuncións dos xéneros narrativos na que participan, como convidados principais, tres escritores de diferente traxectoria e que exploran nas súas obras diferentes enfoques de xénero. Diego Ameixeiras (Lausanne, 1976), flamante Premio Xerais 2006, ten publicadas dúas obras ben recibidas por crítica e lectores, “Baixo mínimos”(Xerais, 2005) e “O cidadán do mes” (Xerais, 2006), inseridas as dúas no xénero de novela negra. Ramón Caride (Cea, 1957) ten unha ampla obra publicada e está recoñecido como un dos máximos expoñentes da literatura fantástica e de fantasía científica do país; con “Soños eléctricos” (Xerais, 1992) gañou o Premio Blanco Amor e con “O Sangue dos camiños” (Sotelo Blanco, 2003) o Premio Risco de Literatura Fantástica. A súa novela “Sarou” (Xerais, 1997) centrada no submundo do narcotráfico gañou o Premio Café Dublín. Xosé Miranda (Lugo, 1955) é especialista en literatura de tradición oral, gañou o Premio Xerais coa novela “Morning Star” (Xerais, 1998) e o Premio de novela Manuel García Barros, con “Historia dun paraugas azul” (Xerais, 1991). Ten explorado diferentes estilos dentro da súa ampla traxectoria.



A tertulia arrinca automaticamente cando cargas a páxina.Pode tardar un pouquiño antes de comezar.

Autores relacionados
  Xosé Miranda
  Ramón Caride
  Diego Ameixeiras
  Víctor F. Freixanes

Acerca de Lg3
Que é LG3
Créditos
Correo
culturagalega.org | RSS | Aviso legal | Contacto | O equipo do portal | Licenza de uso | Contactar coa redacción: redaccion@culturagalega.org I T: +34 981 957202 | F: +34 981957205 |
Logo do Consello da Cultura Galega
Consello da Cultura Galega. | http://www.consellodacultura.gal
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 | Fax : 981957205 | e-mail: redaccion@culturagalega.gal