Tertulia organizada pola Sección de Literatura e Industrias da Edición do Consello da Cultura Galega. A mesa fórmase arredor de Helena Villar, Alfredo Conde, Xosé Manuel Pereiro e, como moderador, Xosé López.
Baixo o tema “Xornalismo literario” a mesa moderada por Xosé López, xornalista e coordinador da Sección de Comunicación do CCG, abordou o debate e a posta en común de reflexións entre a escritora Helena Villar, Presidenta da Fundación Rosalía de Castro e colaboradora en prensa; Alfredo Conde, escritor e colaborador habitual na prensa; Xosé Manuel Pereiro, xornalista de prensa e televisión. No transcorrer do debate tamén se recollen as achegas de Víctor F. Freixanes, Xosé María Palmeiro, Mar Nogueira e Dolores Vilavedra. Celebrouse o xoves 26 de xaneiro na biblioteca da institución no Pazo de Raxoi.
A tertulia arrinca automaticamente cando cargas a páxina.Pode tardar un pouquiño antes de comezar.