lg3
inicio » lg3 »  tertulias

TERTULIA

21 / 12 / 2004

Animación á lectura

A Sección de Literatura e Industrias da edición do Consello da Cultura Galega presenta unha tertulia sobre o tema "Animación á lectura". A tertulia celebrouse o venres 17 de decembro ás 17 horas na biblioteca da sede do Consello no Pazo de Raxoi. A gravación de unha hora (aprox.) que pode escoitarse a través da rede recolle as primeiras intervencións das invitadas.

Pilar Sampedro, presidenta da Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (GALIX), mestra e asesora de formación, conduce a tertulia que, co título común de "Animación á lectura", incide nas estratexias, necesidades, debilidades e fortalezas do sistema de animación á lectura. Tamén interveñen, Cristina Novoa, asesora de bibliotecas do Servizo de Formación do profesorado e bibliotecaria do CEIP de Palmeira, e Magdalena de Rojas, escritora, mestra e bibliotecaria. Unha tertulia na biblioteca da sede do CCG, no Pazo de Raxoi.



A tertulia arrinca automaticamente cando cargas a páxina.Pode tardar un pouquiño antes de comezar.

Autores relacionados
 

Acerca de Lg3
Que é LG3
Créditos
Correo
culturagalega.org | RSS | Aviso legal | Contacto | O equipo do portal | Licenza de uso | Contactar coa redacción: redaccion@culturagalega.org I T: +34 981 957202 | F: +34 981957205 |
Logo do Consello da Cultura Galega
Consello da Cultura Galega. | http://www.consellodacultura.gal
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 | Fax : 981957205 | e-mail: redaccion@culturagalega.gal